UVIGO
FILLOAS

Volven os concertos á Sala Rebullón: consulta a súa programación ata xuño

Tras varios meses parados, por fin volven os concertos á Sala Rebullón, situada no Centro Cultural As Pedriñas, en Mos. Polo momento xa teñen anunciadas seis datas ata finais de maio, cunha programación do máis variada e da terra. Entradas a venda na Cantina as pedriñas e en reservasrebullon@gmail.com.

Pauliña e banda

SÁBADO 24 ABRIL: YOUCANTHIDE + GRIMA (18H) – ENTRADAS ESGOTADAS

Para esta fin de semana teremos o concerto, adiado hai un tempo, de Youcanthide e Grima, dous bandas contundentes e cañeiras. A primeira está formada polos Kings of the Beach e Kaixo, e practican un xénero a medio camino entre o metal, hardcore e rap. Pola súa banda, Grima é un dúo pontevedrés de metal dance progresivo a base de baixo e batería.

SÁBADO 1 MAIO: AS EFÉMERAS (13H) – 5€

Fon Conde (compositor, pandeiro e voz), Olga Nogueira (compositora, acordeonista e voz), Berto Covelo (compositor, bombo e voz), Claudia Sánchez (saxo, pandeireta e voz) Paqui Crespo (pandeireta e voz) e Irene Campelos (cunchas e voz) forman “AS EFÉMERAS”, un grupo que ten a raíz no movemento asociacionista redondelán, un grupo coa forza da poesía e a música. Fan, segundo elas, Punk-Rock furancheiro, mesturando a música actual coa tradicional galega.

SÁBADO 8 MAIO: BROA + DIOIVO (19H) – DESDE 7€

Tras ter que cancelar o concerto programado en xaneiro, o potente power trio cercedense Broa presenta o seu álbum debut Cucú, mentres que a banda local de death metal melódico en galego Dioivo fará o propio con Dioivo III, un EP cun son máis crú e orgánico que o seu anterior traballo.

SÁBADO 15 MAIO: ITH + THE BROKE (18H) – DE BALDE

IV aniversario da Sala Rebullón que festexarán con dous concertos: ITH, un grupo de rock en galego formado Miguel, Toxo, Alberto Rama, Gonzalo e Lucía; e The Broke, un proxecto formado en 2014 cargado de rock, emocións e actitude.

SÁBADO 22 MAIO: PAULIÑA (20H) – 5€

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.

SÁBADO 29 MAIO: KORRONTZI (20H) – DESDE 12€

CAMELIAS NADAL

Korrontxi presenta o seu último disco Koplariak. O décimo traballo do grupo é froito da colaboración entre Korrontzi e Xabier Amuriza. Unha volta ás raíces, otorgando o lugar que merece á “koplagintza” dentro da música tradicional.