REVISTA ABRIL

Vitrasa celebra a Semana Europea da Mobilidade ofrecendo viaxes gratuítas

Baixo o lema “Móvete por Vigo” Vitrasa súmase un ano máis, e con este xa son catorce, á Semana Europea da Mobilidade ofrecendo viaxes gratuítas para concienciar sobre as vantaxes ecolóxicas do transporte público nas cidades fronte ao particular. As accións comezan esta fin de semana e prolongaranse ata o martes 22 de setembro, coincidindo co Día Europeo sen Coches.

Bus turístico de Vigo

En concreto, serán de balde os seguintes servizos: o Bus Turístico para os usuarios da tarxeta PassVigo durante a fin de semana do 19 e 20 de setembro, previa reserva online de billete en Woutick!.Haberá catro viaxes, o sábado 19, ás 11:00h e 16:30h, e o domingo 20, ás 11:00h e 16:30h. Neste artigo vos contabamos a nosa experiencia a bordo deste bus, que percorre lugares emblemáticos da cidade.

REVISTA ABRIL

Por outra banda, o luns 21 as lanzadeiras ao CUVI (U1 e U2) serán gratuítas, coincidindo co inicio do servizo e o curso universitario; e o martes 22, coincidindo co Día Europeo Sen Coches, pederá subirse de balde ás liñas H, H1, H2 e H3.

Todas as actividades de Vitrasa enmárcanse dentro da “European Mobility Week 2020”, impulsada pola Comisión Europea e apoiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Nela participan 32 países europeos e 300 cidades españolas, entre as
que se atopa Vigo. Durante o ano pasado, máis de 2.000 persoas participaron de balde nas actividades postas en marcha por Vitrasa para conmemorar esta iniciativa.

O autobús é un dos medios de transporte menos contaminantes, segundo se desprende dun informe da Confederación Española de Transportes en Autobús (Confebus). En termos de CO2, un pasaxeiro de automóbil e de avión contaminan 2,4 veces máis que un pasaxeiro de autobús por quilómetro percorrido. Un autobús emite 28,4 gramos de CO2 por viaxeiro e quilómetro percorrido, fronte aos 157,5 gramos que emite cada coche particular. Así, o autobús é, despois do tren, o modo de transporte terrestre con menores emisións de CO2. Un aumento no uso do autobús podería reducir drasticamente os problemas de contaminación e conxestión nas cidades. Cada un destes vehículos de transporte colectivo equivale a unha
media de 20 turismos, polo que o seu uso evitaría a emisión das 6,7 millóns de toneladas de CO2
.