Visitas as illas e unha proba de escapismo en Cíes para pasar a ponte
Ante a previsión de bo tempo para a fin de semana as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia propoñen diferentes plans para gozar das illas e a ría.
Achégase unha fin de semana longa e soleada, motivos que as navieras aproveitan para ofrecernos diferentes opcións nas que pasear pola nosa ría e as Illas Cíes, Ons e San Simón. A naviera Mar de Ons porá dúas liñas de barco para ir visitar as Illas Cíes o sábado e o domingo. O sábado tamén organizan unha ruta guiada a illa de San Simón. O barco partirá ás 10.15 do porto de Vigo e unha vez na illa os viaxeiros poderán achegarse a historia de corsarios, monxes templarios, batallas e tesouros ocultos.
Pola súa banda a naviera Piratas de Nabia ofrece a oportunidade de coñecer as illas de Ons e Sálvora o venres e o sábado propoñen coñecer Cíes dunha maneira diferente e orixinal a través dunha proba de escapismo. Os participantes achegaranse ao legado histórico das illas, profundarán na súa ecoloxía e biodiversidade cunha divertida actividade de escapismo por equipos. Haberá probas de equilibro, de forza, enigmas e orientación. O domingo ao mediodía fan a ruta dos mexillóns e pola tarde visita guiada a Illa de San Simón.
Unha chea de propostas diferentes para gozar da nosa ría e illas na calma do outono.