VIALIA
bannerPicnicSesions

Derradeiro día do Vindetapas, tapeo medieval en Redondela e Baiona

Co motivo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo ponse en marcha o concurso de tapas Vindetapas en Redondela e Nigrán, que pretende facernos viaxar ata a época das cantigas de Martín Códax a través de tapas temáticas medievais.

A particularidade deste concurso é que todas as receitas deben ser historicamente fieis ao Pergamiño Vindel polo que non será posible usar ingredientes que non existiran no século XIII e XIV, é dicir, produtos que non existiran antes da conquista de América. Quedan descartados entón alimentos coma a pataca, o millo, o tomate, o cacao, o cemento, o cacahuete, a cabaza, a piña, o aguacate, a iuca, a mandioca, a batata ou o pavo. Como o resolvan é algo que queda ao maxín dos diferentes chefs. Será o público de cada localidade quen, coas súas votacións, escolla a tapa estrela da súa vila. E finalmente, se celebrará unha grande gala final na que un xurado escollerá ao gañador definitivo do certame. A maiores, serán premiados os mellores locais e as mellores tapas de cada lugar. Para o público tamén haberá premios en cada unha das rutas que serán entregados na mesma gala..

Os locais participantes elaboran unha tapa ou petisco que ten un custo ao público de 2,50€. Os horarios mínimos no que deben ofrecer as tapas é de 12:00h á 14:00h e de 19:00h á 22:00h.

REVISTA ABRIL

Os concursos celebraranse en Baiona, Redondela, Cangas e Vigo.
En Baiona e Redondela, xa comezaron o pasado venres día 11 e rematan este domingo 21. Pola súa parte, en Cangas e Vigo, o concurso comezará o venres 2 de febreiro e remata o domingo 11. Entre os gañadores dos 4 concursos, celebrarase no mes de marzo unha final no Museo do Mar de Galicia onde se topa o Pergamiño Vindel en exposición.

Os locais participantes en Baiona, xunto coas súas tapas son:

  • El petate de Colón (Central Park)
  • Tosta gastrobar (A Queimada)
  • Judias! (La Micro)
  • Companagio de cordero sobre rodea de avena (Ecoadega)
  • Pan-tajo (Parador)
  • Escabeche ahumado de ave de corral (La Crep)
  • Sardiña afumada con confitura de cirola (O Recuncho do Mariñeiro)
  • Codorniz cortesana (A Taberna a de Sabas)

Os locais participantes en Redondela, junto coas suas tapas son:

  • Ensalada de codorniz escabechada (78 gastrobar)
  • A Matanza (Discotasca)
  • Cochinita sobre tosta de castaña (A Chabola)
  • Zamburiña con castañas (Casa Rei)
  • Mijo verde (Bar Os amigos)
  • Lentejas medievales (Pizzería Bos aires)
  • Pan-tufla (Don Vinarios)
  • Tinto y pluma (O Timón da Portela)