REVISTA ABRIL

Vindetapas: tapeo medieval para honrar a Vindel

Hoxe arranca en Vigo o concurso Vindetapas ‘As cociñas do pergamiño Vindel’ que se celebrará en nove locais da cidade ata o vindeiro domingo 18. Este evento ten como particularidade, que os pratos están elaborados exclusivamente con ingredientes presentes na cociña galega da Idade Media.

REVISTA ABRIL

Co obxectivo de unir gastronomía e cultura, e coincidindo coa exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, a Consellería de Cultura puxo en marcha en xaneiro o concurso Vindetapas que se celebrou en Redondela, Nigrán, Cangas e agora chega a Vigo. Todos aqueles que se acheguen a un dos restaurantes participantes poranlle sabor as cantigas de Martín Códax. En ningunha das receitas se empregaron ingredientes que non existiran nos séculos XIII e XIV, é dicir, antes da conquista de América.

Os clientes votarán a súa tapa favorita a través das papeletas e só por participar optarán a diferentes premios. A tapa que reciba máis votos, competirá coas tapas gañadoras das outras localidades, nun evento que se celebrará en marzo no Museo do Mar.

Aquí a lista dos locais que participan:
A Carpintería, “Morteruelo”
Taberna O Patouro, “Cantiga do cazador”
O Croque, “Empanada de espelta e kokotxas de bacallao”
Kero Piscobar, “Taco de cacheira e Garum”
Dalalata Vigo, “Xabarín en espelta e chips de chirivía”
Lume de Carozo, “Albondigas da horta”
Ruxe Ruxe, “Cantiga de bacallao e bocareu afumado, meu amigo”
Taberna La Bastarda, “Sonsega Juglar”
Taberna A Mina, “Mostaza, touciño e sopa”