UVIGO
FILLOAS

Vigo non descansa: todos os plans para esta finde

A cidade non para nin a finais de agosto, polo que recopilamos uns cantos eventos que terán lugar desde o xoves 22 ata o domingo 25 en Vigo e arredores: concertos, festivais, romarías, espectáculos, gastronomía, festas…

Joe Crepúsculo nunha das súas últimas visitas á nosa cidade, na sala Radar | Pablo V.

XOVES 22

Comezando polos concertos, teremos música en El Contrabajo con De Botwin a Roma, en La Vela con Purplefly, en La Pecera con Jay Doe , no Ferry coa súa jam dos xoves, na Kominsky coa vocal jam, na Fundación Sales cun novo concerto secreto e no Museo do Mar, da man de Joe Crepúsculo e Cora Velasco no que será a penúltima xornada dos Solpores do Museo. En Valadares comezan as Festas de San Campio cunha masterclass de zumba e a actuación de Cé, Orquestra Pantasma.

As Festas do Cristo darán comezo en Cangas, cunha infinidade de concertos ata que remate o mes. O xoves actuarán os Falperrys e as bandas que forman o Musicangas. No apartado dramático, no Café de Catro a Catro teremos a peza de microteatro Valiente e en Toralla as representacións da Vila Romana.

VENRES 23

En canto aos concertos do venres, teremos a Antilia na Villa Solita, o Bacanal Playero-Vampírico no Sinatra Coctel Bar, a Costa Escura na Kominsky, a Martín Catoira en El Rincón de los Artistas, ao Meu’s Jazz Quartet na Galeríajazz e a Irene Caruncho, gañadora da cuarta edición de La Voz, en El Contrabajo. Se quedamos con ganas de música, podemos ir a Combarro ao Armadiña Rock, que reunirá ao longo de dous días a bandas como Heredeiros da Crus, Dubioza Kolektiv, Triángulo de Amor Bizarro ou Familia Caamagno. En Redondela, o grupo De Vacas dará inicio ao Entroido de Verán. Nas Festas do Cristo teremos a Malvela e Zurrumalla.

En Baiona dará comezo o Rilla na Rúa, que estará ata o domingo no Parque da Palma cos seus foodtrucks e concertos (o venres, Pega Negra). En Nigrán, na praia de Patos, terá lugar o Prado Surf Fest, no que haberá charlas, festa da escuma, maxia, un mercadiño, zumba e moito surf. Xa en Vigo e fóra da música, temos outras actividades como o Cabaret transformista con Carolina Smith no Mimosa Café Teatro ou a proxección do fabuloso documental La Sal de la Tierra no Edificio Cambón.

SÁBADO 24

No apartado musical destacan os concertos de Onofre Rodrigo (Akanso) en El Contrabajo, o músico arxentino Claudio Gabis no Sinatra Coctel Bar, o dúo Alféizar no chiringuito O Pirata, Maraya Zydeco na Kominsky e Hofmann’s Legacy no paseo de Alfonso XII. A iso lle sumamos as actuacións da Festa de San Campio, do Rilla na Rúa en Baiona (concerto de Algo pasa con Mery) e das Festas do Cristo, con Pauliña e os vigueses Eladio y los Seres Queridos. En Redondela será o día grande do Entroido de Verán, con todo tipo de actividades: obradoiros, espectáculos infantís, música itinerante, DJs, concertos… Na praia de Patos teremos o Rock in Patos, unha especie de homenaxe ao mítico festival de Woodstock no que actuarán dúas bandas tributo: Magic Spanish Castle e Greenwater.

DOMINGO 25

Remata a semana coa Romaría do Pan de Millo de Cabral, que cumpre 33 anos, e a Romaría pola Virxe do Alba e San Bartolomeu. A maiores, segue o Rilla na Rúa en Baiona (concerto de La Supersonic) e o Armadiña Rock en Combarro (coa Ukestra do Medio). Outros bos plans poden ser a Palmera Boat Party, unha festa afrolatina nun barco de Piratas de Nabia pola Ría de Vigo ou o roteiro Misterios e Lendas, polo centro da cidade.

CAMELIAS NADAL

Ademais de todos estes eventos, lembra que existen moitas exposicións dispoñibles, que podes consultar na nosa axenda de exposicións. Para coñecer máis sobre cada actividade, non dubides en visitar a nosa axenda.