Vigo Cidade de Cor suma 15 novas medianeiras para este 2021
O programa de arte urbano Vigo Cidade de Cor suma e segue. Esta sétima edición incorpora 15 novos murais, polo que a nosa cidade sumará 150 obras ao aire libre. Ademais, presentouse nun acto no Museo MARCO un vídeo resumo da pasada edición.
O programa municipal de medianeiras está en marcha na urbe desde o ano 2015 e leva realizadas arredor de 133 intervencións en espazos urbanos. Unha iniciativa que desde A Movida seguimos de preto, como podes consultar nos seguintes artigos de 2018, 2019 e 2020. Tamén dedicamos desde o comezo unha sección da nosa revista, da man de Juan Teixeira, a coñecer máis sobre cada unha destas obras tan singulares.
Cun orzamento de 243.000 euros ao que se suman 100.000 euros máis para actividades educativas, este ano engádense 15 novos murais á xa longa lista de medianeiras tuneadas. A iniciativa continúa levando arte a multitude de barrios e espazos da cidade: de Teis a Alcabre, de túneles a colexios.
Estes son os nomes dos artistas e dos muros que cubrirán de cor: AEC Interesni Kazki na Rúa José Fiaño Señor, 12; Elisa Capdevila en Travesía de Vigo, 85; SAN (Daniel Muñoz), en Paulino Freire, 1; Expostas (Vanesa Álvarez, Lorena Arévalo, Cristina Navia e Susana Maceiras), en Mestre Chané, 9; Honey (Miguel Cajaraville), Beiramar, 115; ARYZ (Octavi Arrizabalaga) en Pablo Iglesias, 20; Xoana Almar no CEIP Emilia Pardo Bazán; Taquen en Avenida Balaídos, 31; Fundación Igual Arte, no muro Urbanización Sotavento (Paseo de Bouzas); Amaia Arrazola no Pavillón Carballal; Ana Taratiel no IES O Castro; Dispersa (Alejandra Tomei) nas escaleiras Quintela en Castelao; Roberto Argüelles no Muro CEIP Mestres Goldar; Davida (David Amoedo) nas escaleiras de Seara e The Caver (Nuno Barbedo) nas escaleiras de Hispanidade.
A continuación, o vídeo resumo da pasada edición obra do estudio Santamarta: