Vibra Mahou trae a Sidonie, La La Love You e Veintiuno a Vigo
Vigo volverá vibrar ao son da mellor música. O 15 e o 16 de outubro actuarán respectivamente Sidonie e La La Love You + Veintiuno no hall do Auditorio Mar de Vigo no marco deste ciclo de concertos impulsado por Vibra Mahou. A viguesa dani actuará en A Coruña o sábado 23 do mesmo mes.
Enmarcados no contexto de seguridade vixente, os “Directos Vibra Mahou” están concibidos como experiencias únicas nas que a música crea conexións non só entre os propios artistas e o público: convértese no nexo de unión que fai vibrar a todos os asistentes, conseguindo que compartan emocións e sensacións en directo, reivindicando os encontros sociais seguros como algo esencial para vivir mellor.
Ademais, “Directos Vibra Mahou” incluirá sorpresas que farán de cada cita unha nova forma de vivir a música. Por exemplo, “A canción do público”, un momento que conectará aos artistas cos asistentes e é que, en cada concerto, estes últimos poderán elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo. As entradas están á venda desde hoxe mesmo, martes 14 de setembro, a través da web onde está toda a información do ciclo.
Sidonie (15 outubro)
Marc Ros, Axel Pi e Jes Senra teñen unha personalidade única e refrescante na industria musical nacional, talvez por iso son capaces de atraer a públicos de todos os estilos e idades e conservar a súa identidade propia. Lémbraselles pola celebración do seu 20 aniversario e a xira apoteósica de “El peor grupo del mundo” e o 15 de outubro chegarán ao hall do Auditorio Mar de Vigo con toda a intención de seguir sendo míticos. Presentan un álbum moi especial, “El regreso de ABBA”, que está conectado coa novela homónima escrita por Marc e que foi cualificado como “literatura en expansión”, unha experiencia poética e rexuvenecedora ou “unha viaxe infinita nunha vida de amor”, entre outras moitas cousas.
La La Love You + Veintiuno (16 outubro)
La La Love You son unha banda de Parla que conseguiu o impensable: en outubro de 2020 e pelexando coas bandas máis mainstream, alzáronse co MTV EMA a Mellor Artista Español, actualmente son disco de platino e Artista Revelación nos premios Odeón (marzo 2021). Que queda? Que descubrades a enerxía pegadiza do seu pop punk tropical en directo.
Veintiuno son de Toledo e tamén fixeron carreira de fondo, desde o crowdfunding para sacar os seus 3 EPs e un LP, ata converterse nunha banda imprescindible en festivais e salas nacionais. O seu é pop cunha marca funk e R&B. E temos unha visión clara do que vai significar o encontro destes grupos o 16 de outubro no hall do Auditorio Mar de Vigo: unha sesión lendaria.
Axenda completa “Directos Vibra Mahou” en Galicia
– Venres 15 de outubro: Sidonie. Hall Auditorio Mar de Vigo, Vigo.
– Sábado 16 de outubro : La La Love You + Veintiuno. Hall Auditorio Mar de Vigo, Vigo.
– Venres 22 de outubro : Dorian. Hall Proa de Palexco, A Coruña.
– Sábado 23 de outubro : Delaporte + dani. Hall Proa de Palexco, A Coruña.