CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Marwán, Sienna y Siloé chegan a Vigo da man de Vibra Mahou

O ciclo de concertos Directos Vibra Mahou regresa as salas galegas entre os meses de marzo e maio, tras facelo o ano pasado en espazos máis amplos por mor das restriccións. Por Vigo pasarán Siloé o 4 de marzo, Sienna o 25 de marzo e Marwán o 30 de abril. Podes mercar aquí as túas entradas.

Directos Vibra Mahou, que o ano pasado tiveron que trasladarse a grandes espazos para adaptarse ao contexto, regresan agora ao seu formato orixinal, as salas de concertos, para achegar novamente a artistas e público creando momentos e conexións únicas en torno ao directo, garantindo sempre que se cumpren coas medidas de seguridade establecidas.

Estes son os artistas que actuarán na nosa cidade:

SILOÉ (4 de marzo, Sinatra Coctel Bar)

Unha das propostas máis orixinais da escena musical española. Formado polo vocalista e autor Fito Robles e o DJ Xavss, este dúo de Valladolid foi evolucionando e mesturando a canción de autor e o folk pop coa electrónica máis bailable. A dualidade dos seus compoñentes converxe de maneira perfecta como tamén o fai nos seus directos, nos que, dependendo do recinto, pasan de momentos de absoluta enerxía bailable a outros máis introspectivos e acústicos. Se ti tamén pensas que “a música é curativa e alimenta a alma” non te perdas a Siloé sobre un escenario, co seu pop de autor intimista en castelán.

SIENNA (25 de marzo, Island Club)

Sensibilidade, talento e poesía. Quizais sexan estas tres palabras as que definan a Alex Ruíz, un novo compositor valenciano, que aposta por sons tan diferentes que van desde os boleros ao música disco e que poderás escoitar e gozar no seu “ Melancolic circuíto”. Artista indie en constante evolución que non trata de buscar un son que lle defina, senón de dar cos elementos adecuados que respondan a como te sentes nese momento como músico.

CAMELIAS NADAL

MARWAN (30 de abril, Sala Rouge)

Unha das principais voces da canción de autor en España e Latinoamérica. É capaz de encher recintos cantando cancións ou recitando poesía. E por se iso fose pouco, vendeu máis de 200.000 exemplares dos seus libros chegando a ser nº 1 de vendas en España e México, converteuse nun fenómeno da música sendo fiel a si mesmo, cun estilo propio e un son inconfundible cheo de beleza. De todos os premios que logrou ao longo da súa carreira, o máis importante é o seu público incondicional.

PROGRAMACIÓN COMPLETA EN GALICIA

  • Siloé: venres 4 de marzo na sala Sinatra de Vigo esábado 5 de marzo na sala Pantalán da Coruña
  • Shinova: vernes 18 de marzo na sala Karma de Pontevedra e sábado 19 de marzo na sala Pantalán da Coruña
  • Sienna: xoves 24 de marzo na sala Karma de Pontevedra e venres 25 de marzo na sala Island Club de Vigo
  • Marwán: venres 29 de abril na sala A Pousada de Boiro e sábado 30 de abril na sala Rouge de Vigo
  • Hens: xoves12 de maio na sala Malatesta de Santiago