CAMELIAS MASCOTAS

Vialia celebra dous anos en Vigo con concertos e espazo infantil

O Centro Comercial Vialia celebra o seu segundo aniversario cunha fin de semana festiva na que haberá un gran espazo de xogos infantís e actuarán Wöyza & The Galician Messengers, Cómplices e Monoulious Dop.

Concerto de Wöyza & The Galician Messengers | Foto: Paula Cermeño

Wöyza & The Galician Messengers, Monoulious Dop e Cómplices actúan esta fin de semana no Centro Comercial Vialia dentro dos festexos do seu segundo aniversario. A festa tamén inclúe DJ, actuacións infantís e animación para familias durante o venres 29 pola tarde e o sábado 30 todo o día. Todas as actividades son de balde.

REVISTA NOVEMBRO

O Centro Comercial de Urzáiz inaugurouse en setembro de 2021 e actualmente conta con 85 establecementos de dcomercio, ocio e restauración. O complexo mantén durante todo o ano programación cultural e lúdica nas áreas foodcourt, no exterior, e exporta, na primeira planta. Esta fin de semana intensifican a programación para celebrar dous anos en Vigo.

Os festexos comezan o venres 29 de setembroa partir das 16:00 h con xogos e hinchables para nenos, que ás 17:30 h poderán desfrutar tamén do espectáculo Acuario. A música en directo comeza ás 19:00 h con Wöyza & The Galician Messengers, banda liderada pola rapeira viguesa Wöyza que fusiona hip hop, soul e ritmos tradicionais. Pecharán a xornada a partir das 21:00 h Monoulious Dop, dúo de rock cargados de retranca galega.

O sábado 30 as actividadesfamiliares comezan xa desde a mañá e a partir das 12:00 h instalaranse de novo os hinchables, os xogos e a actividade de surf, que estarán dispoñibles para os pequenos ata as 20:00h. Xa pola tarde, un DJ porá a nota musical a partir das 17:30h e o pasacalles Atlantis sairá ás 18:30 h. Por último o dúo Cómplices subirase ao escenario ás 20:00h para interpretar temas como ‘Es por ti’ e ‘Cuando Duermes’, que os fixeron famosos nos anos 90.