VEGANA

Terraceo celebra o Día das letras galegas con descontos en concertos

Aquelas persoas que merquen entradas para os concertos Xisco Feijoó, A Banda daLoba, Berto e Familia Caamagno ou Ortiga e Grande Amore no Festival TerraCeo terán un desconto do 25% a partir da segunda entrada, con motivo da celebración do Día das letras galegas.

dani no Festival Terraceo en 2020

O Mar de Vigo lanzará este ano, por vez primeira, unha campaña de desconto para o Festival TerraCeo, centrada nos artistas galegos que cantan en galego. Esta iniciativa está en marcha desde o martes 10 de maio, durante unha semana, ata as 23:59 do 17 de maio, coincidindo coa semana das Letras Galegas. O Mar de Vigo quere sumarse deste xeito á celebración da festa das nosas letras, e fomentar a presenza de público nos concertos de artistas da terra.

A oferta supón un desconto do 25% a partir de 2 entradas compradas para os eventos de Xisco Feijoó, A Banda da Loba, Berto e Familia Caamagno ou Ortiga e Grande Amore. As entradas poden comprarse nesta ligazón.

Programa Terraceo

REVISTA OUTUBRO

13 de maio-Hens + Babykatze
14 de maio-Taburete + Carla Lourdes
28 de maio-Ladilla Rusa
3 de xuño-Xisco Feijóo
4 de xuño-A banda da loba + Fillas de Cassandra
18 de xuño-Ángel Stanich + MaríaSOA
1 de xullo-Soleá Morente + dani
2 de xullo-Berto + Familia Caamagno
8 de xullo-La Zowi
9 de xullo-Lila Downs + Sés (trío)
30 de xullo-Ortiga + Grande Amore
19 de agosto-Salvador Sobral + Abe rábade
27 de agosto-Delafé y las flores azules