CAMELIAS MASCOTAS

Underfest agora é Underfest Xacobeo e prepara novidades para a súa sétima edición

O festival, que acaba de cambiar o seu nome a Underfest Xacobeo, chega este mes de setembro a Vigo e volverá encher de bandas nacionais e internacionais varias salas da cidade.

O día 13 de setembro comeza en Vigo o Festival Underfest Xacobeo cun dobre concerto de presentación dos británicos Fink e Stone Foundation, mentres que o groso do cartel que se concentrará o 20, 21 e 22 setembro. Os abonos xerais para o festival unha vez máis se esgotaron ás poucas horas de poñerse á venda, sen coñecerse ningún artista do cartel, mostra da confianza dun público fiel que cada ano déixase levar polas propostas que ofrece o festival.

REVISTA NOVEMBRO

En 2018 nacía Underfest en Vigo, cun elenco de 31 artistas nacionais e internacionais que percorrerían os principais escenarios da cidade durante ´dous días, servindo de plataforma tanto para o circuíto de salas como para a escena de músicos locais. Entradas esgotadas, 11 localizacións distintas e a gran acollida por parte de prensa e público puxeron os cimentos do que é Underfest hoxe en día.

Nos seus 6 exitosas edicións, cos abonos esgotados en todas elas, pasaron polo festival máis de 120 artistas, entre os que destacan importantes nomes da escena internacional contemporánea como Paul Weller, Michael Kiwanuka, Villagers, Peaches, Slowdive ou Benjamin Clementine, entre moitos outros.

Algúns dos méritos conseguidos nestes seis anos son obter en 2024 o premio a “Best Indoor Festival” nos Iberian Festival Awards, que seleccionan algúns dos mellores festivais que se desenvolven en España e Portugal, consolidándose así como unha das propostas máis valoradas por prensa, público e profesionais do sector.