COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Últimas confirmacións musicais en Vigo e a súa contorna

A nosa cidade e a súa contorna albergarán nos próximos meses numerosos concertos e festivais, onde poderemos desfrutar de boa música e bo ambiente. Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das últimas confirmacións para os próximos meses:

Imaxe pormocional de Marisa Monte | Leo Aversa

FESTIVAL DE CANS

Litus, coñecido por ser o cantante da banda de Late Motiv, e a galega Eme DJ estarán presentes nesta edición do festival, que se celebrará do 18 ao 21 de maio na vila porriñesa. O evento estreará en Galicia dous documentais: Miedo al miedo, dirixido por Menchu Esteban, sobre a coñecida picadiscos galega Eme DJ, e La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova, no que se repasa a azarosa traxectoria de Litus Ruiz, o líder da banda do Late Motiv, que actuará no Invernadoiro de Cans acompañado do vigués Pablo Novoa.

VIVE NIGRÁN

O festival Vive Nigrán, que se celebrará no campo de fútbol de Monte Lourido do 15 ao 17 de xullo, completa o seu cartel da sexta edición cos concertos do galego Grande Amore e as sesións DJ de Cool Nenas e, de novo, Eme DJ. Engádense a artistas xa confirmados como Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro, La Bien Querida, Niña Polaca, Colectivo da Silva, Karavana ou Cariño.

PLAY-DOC

O festival de documentais de Tui trae a Niño de Elche nun formato especial. A primeira parte da proposta basearase no seu último disco titulado La Exclusión, que parte da colaboración co escritor e filósofo Ramón Andrés e o seu libro Pensar e non caer. Xunto ao músico e compositor Raúl Cantizano, as imaxes que acompañarán neste primeiro movemento pertencen á colaboración que desenvolveu co cineasta galego Lois Patiño. A segunda parte estará marcada por diferentes pezas e cancións doutros proxectos que Niño de Elche foi desenvolvendo ao longo da súa carreira. Será o 8 de maio no Teatro Municipal de Tui.

MARISA MONTE

Unha das figuras crave da música brasileira das últimas dúas décadas chega por primeira vez a Galicia co seu propio show dentro dunha exclusiva xira europea que pasará polas principais capitais europeas xunto aos seus tres únicas datas en España. O concerto de Marisa Monte inclúese dentro do Ciclo Xacobeo Importa e celebrarase no Teatro Afundación de Vigo o próximo 26 de xuño.

STEVE VAI

O virtuoso guitarrista actuará no Auditorio Mar de Vigo o 17 de xullo dentro da súa xira ‘Inviolate Tour Europe’. Despois de iniciar a súa carreira como transcriptor de música para Frank Zappa, Vai gravou e estivo de xira na banda de Zappa de 1980 a 1982. Comezou a súa carreira como solista en 1983, ten oito álbums en solitario e gañou tres premios Grammy. Tamén gravou e realizou xiras con Public Image Ltd, Alcatrazz, David Le Roth e Whitesnake.

PAT METHENEY

Un dos máis grandes artistas da escena jazz contemporánea, un músico pluscuamperfecto. Pasaron 24 anos desde o seu lendario concerto en Vigo de 1998 (nomeado moitas veces na lista dos máis míticos dos que se celebraron na cidade), o prestixioso músico americano volve para deleitar aos seus numerosos incondicionais de toda Galicia dentro do Ciclo Xacobeo Importa. Actuará no Mar de Vigo o 17 de xuño.

ELLIOTT BROOD

O Festival Underfest tráeche por 1ª vez a Galicia á banda canadense o 29 de abril en La Iguana Club. Con 15 anos de traxectoria, seis discos ás súas costas e gañadores do prestixioso Juno Award, foron eloxiados polos seus poderosos directos e denominados como os irmáns pequenos de Wilco pola brillante mestura que fan de rock, alt- country e americana, aínda que a súa música recolle influencias de artistas como The Band, Neil Young, Uncle Tupelo ou Dinosaur Jr.

MÁIS QUE BLUES

Tras programar a The Cinelli Brothers e Supersuckers, o cilco continúa o 1 de maio con Warner E. Hodges, guitarrista habitual de Dan Baird (quen tamén visitou Vigo nun Máis que Blues), que nos ofrecerá rock sen concesións con influencias de ACDC, Black Sabbath ou Ramones. Matt HeartBreak Hill & The Blue Dreamers estará o 20 de maio co seu blues, rock e soul incendiarios. Por último, un dos pratos fortes destes cinco anos de asociación: os estadounidenses The Steepwater Band, que repetirán en Vigo o 28 e 29 de maio tras facer o propio hai un lustro, en setembro de 2017. 

CASTRELOS

SONRIAS

Este ano volven os conciertos ao auditorio vigués, que polo momento quedan así: 13/07 Sebastián Yatra, 24/07 Nathy Peluso, 30/07 Tanxugueiras, 04/08 Leiva, 06/08 Sting, 08/08 Lola Índigo e14/08 Hombres G.