COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Trepia Gastronomía, gañador da 5ª edición do Petisquiño

Hoxe déronse a coñecer todos os gañadores e accesit do concurso de tapas Petisquiño, que este ano batía record de participantes na súa 5ª edición. O restaurante que conseguiu alzarse co primeiro premio foi Trepia Gastronomía, establecemento situado na Rúa Carral.

Algúns dos gañadores e gañadoras posando cos diplomas | Pablo Vázquez

Esta mañá, no local de Estrella Galicia da Praza de Compostela, realizouse o anuncio e entrega de premios aos gañadores e gañadoras da 5ª edición do Petisquiño, o concurso de tapas que se celebrou en Vigo entre o 25 de outubro e o 11 de novembro. Como comentamos con anterioridade, este ano presentáronse un total de 62 tapas, sendo este o rexistro máis alto da curta vida do concurso.

Tanto o público como o xurado coincidiron ao destacar no maior nivel que existía este ano,  e que con seguridade irá en aumento nas futuras edicións deste evento que xa está asentado na nosa cidade. De feito, un grupo de persoas do xurado presentáronse na maioría dos locais ‘de incógnito’, para valorar a presentación e o servizo recibido.

Tres foron os accesit entregados nesta edición para a mellor tapa tradicional, para a máis innovadora e para a máis riquiña, que vén sendo a que mellor presentación tivo de cara ao público, xa que en ocasións a imaxe do día que se sacan as fotos non se corresponde coa que despois reciben os clientes. No caso da tradicional, o establecemento gañador foi La Bodega del Águila co seu ‘Capricho de Bacalao’; a máis innovadora foi para Malasangre coa súa ‘Manzanita de foie grass confitado a baja temperatura’; por último, a máis riquiña foi Marsala & Bambú co seu ‘Chupa chups de atún sobre parmentier agridulce’.

Tamén houbo un premio para a tapa que mellor marida co viño Mencía de Bodegas Santa Marta, un dos patrocinadores do evento. Neste caso, o galardón foi para a Taberna Patouro coa súa tapa ‘Otoño’. A tapa máis popular, ou sexa, a que mellor puntuación acadou cos votos da xente, foi ‘Quimicefa’ de Los 80’s Vigo. Tamén houbo tres premios para os participantes que consumiron en mínimo 5 locais distintos.

SONRIAS

Cinco foron os finalistas, sendo só un deles o gañador. No quinto lugar atopamos, de novo, a Malasangre; de cuarto está La Dehesa coa súa ‘A-típica’; a medalla de bronce recaeu en o Taller de la Carpintería coa súa tapa ‘Pan de millo, porco celta, verduras encurtidas’; o segundo lugar do podio ocupouno Demetro Long Food coa súa ‘Pizzeta marinera’; e, no primeiro posto, o ‘Codillo, setas e castañas’ de Trepia Gastronomía, local situado no número 9 da Rúa Carral.