CAMELIAS MASCOTAS

Todos os detalles do Festival de Cans, que comeza para a semana

Un total de 25 curtametraxes e 15 videoclips competirán nas diferentes seccións oficiais do Festival de Cans 2020, que ten prevista a súa celebración a vindeira semana, entre o mércores 2 e o sábado 5 de setembro. Ata 15 destes filmes son estreas, oito delas estreas absolutas.

Presentación da última edición do festival

O equipo responsable da organización do Festival, promovido pola Asociación Cultural Arela, traballou nun certame onde prima o acceso restrinxido e a edición limitada, pero onde a calidade das obras se mantén intacta. O evento parte dunhas medidas que garantan a seguridade de veciñas e veciños e visitantes: un “escudo protector” ós maiores, chimpíns para catro persoas só con paseos honoríficos, reducción de jalpóns e aforos ou actuacións de día para público sentado son algunhas das principais medidas.

A limitación de aforo estase a notar na demanda de entradas. As que dan acceso á estrea en pantallas de cinema da longametraxe galega A illa das mentiras, de Paula Cons, xa están esgotadas. E apenas quedan entradas para as proxeccións de tarde e da sección oficial. No caso das entradas que dan acceso á sesión matutina do sábado 5, na que tamén se manterá un coloquio con Oliver Laxe, a venda continúa a moi bo ritmo. O vindeiro luns, día 31, pecharanse tanto a taquilla coma a posibilidade de rexistrarse nas actividades de balde.

REVISTA NOVEMBRO

Entre as actividades do Festival que máis atención están reclamando destaca o coloquio Café con CREA coa directora e montadora Julia Juániz, que ten traballado con granses directores como Carlos Saura, Basilio Martín ou Víctor Erice. A presenza de Oliver Laxe no coloquio na Leira ou as actuacións de Hendrik Rover e Amaro Ferreiro, son tres dos momentos centrais do certame, que este ano tamén lembrará a Chano Piñeiro nos 25 anos do seu falecemento.

A seguridade será primordial na nova edición do Festival de Cans. Tanto pola reducción de aforo –só se empregarán 4 jalpóns, fronte aos 11 de anos anteriores-, como pola creación de ‘escudos protectores’ arredor das casas das veciñas e veciños maiores, ou a case total eliminación de desprazamentos internos para asistir a diferentes actividades dentro do Festival.

Consulta aquí toda a programación ou preme aquí para mercar as entradas e inscribirte nas actividades de balde.