Todas as atraccións do Nadal de Vigo
Hoxe, sábado 16, ás 20:00 encendeuse o Nadal en Vigo facendo unha homenaxe a Valencia. A partir dese momento e ata o próximo 12 de xaneiro, once millóns e medio de LEDS van deslumbrar a locais e visitantes. Aquí deixamos unha pequena guía con todas as actividades e recomendacións para gozar destas festas na cidade.
HORARIOS
O horario da iluminación de Nadal será de domingo a mércores de 18.00 a 1.00 horas, xoves a sábado, días festivos e vésperas de festivos de 18.00 a 4:00 horas, e as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro, e noites do 1, 5 e 6 de xaneiro as luces permanecerán acesas toda a noite.
PUNTO CERO: A ÁRBORE DA PORTA DO SOL
Con corenta e catro metros de altura e coroada por unha estrela de dezanove metros, a árbore situada na Porta do Sol, volve ser un dos puntos clave do Nadal en Vigo. A banda sonora de anos anteriores estaba composta polos temas: ‘Happy Christmas’ de John Lennon, ‘All I want for Christmas is you’ de Mariah Carey, ‘Englishman in New York’ de Sting, o Valls número dous de Dimitri Shostakovich e as bandas sonora de ‘Piratas do Caribe’ e ‘O último mohicano’. Unha das novidades deste ano é que na praza hai un bosque de Nadal formado por varias árbores luminosas de 8 metros de altura.
A NORA XIGANTE
Outro dos clásicos é a gran nora que volve estar situada no cruce entre as rúas Concepción Areal e Colón e desde a que temos unha espectacular vista sobre a cidade e a ría a 60 metros de altura.
Horarios:
-Luns a xoves de 17:00 h a 22.30 h, ata o 20 de decembro. Desde esa data o peche será ás 23:30 h
–Venres, sábados e véspera de festivo de 11:00 h a 00:30 h.
-24, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00 h a 20:00 h horas.
Prezos:
-Ordinario: 5,00 €
-Familias numerosas e Pass Vigo: 4,00 €
-Persoas con mobilidade reducida e acompañantes, así como acompañantes de menores: gratis.
Ao igual que o ano pasado, suprímense as atraccións más ruidosas que rodeaban a nora; no seu lugar instálase ‘Dinoworld’, unha exposición de dinosauros.
OS MERCADOS
Volve o Cíes Market a Alameda aínda con menos número de postos para facilitar a mobilidade. A peonil do Calvario tamén acollerá este ano un mercado no que atoparemos produtos típicos do Nadal e artesanías. E como novidade este ano Bouzas tamén acollerá mercado de Nadal pero a data de comezo está aínda por determinar.
O NADAL TREN
Ofrécense dous percorridos, un con saída desde a praza de Compostela e outro desde a praza de Independencia.
Percorrido 1: Praza de Compostela Nº 6, Reconquista, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Plaza Fernando Católico, Gregorio Fernández, Vía Norte, Urzaiz, República Argentina, García Barbón, Policarpo Sanz, Velázquez Moreno e Praza Compostela nº6.
Percorrido 2: Pintor Lugrís, Plaza Independencia, Avenida Camelias, Plaza de América, Lopez Mora, Camelias, Alvaro Cunqueiro, Camelias, Plaza Bicentenario, Camelias, Romil, Pi y Margall, Lopez Mora, Pintor Lugris.
Horario:
-Laborais desde ás 17:00 h cada trinta minutos
-Fins de semana ás 11:00 h cada trinta minutos
Prezo:
-Ordinaria: 5,00 €
-Infantil: 3,00 €
-Maiores de 65 anos e persoas con mobilidad reducida: 4,00 €
-Familias numerosas: 4,00 € adultos, 2,00 € menores de 2 a 6 anos.
-Nenos menores de 2 anos e acompañantes: gratis.
AS LUCES DESDE A RÍA
Tanto a Naviera Nabia como Mar de Ons volven a ofrecer a oportunidade de gozar das festas desde a ría. O barco solidario de Nabia sairá a partir do sábado 30 de novembro do Peirao de Trasatlánticos ás 19:00 h e ofrece unha viaxe na que degustaremos un chocolate con churros e os pequenos poden escribir a carta a Papa Noel. O Barco do Nadal de Mar de Ons arranca o sábado 23 as viaxes nas que se ofrece un viño quente, pastas, moita diversión e este ano a posibilidade de degustar unha sabrosa cea a bordo!
CIRCO DE NADAL
O 30 de novembro volve a Avenida de Castelao o Circo de Nadal que este ano rende homenaxe a Los Payasos de la Tele no 50 aniversario da chegada á televisión de El Gran Circo de TVE. O show correrá a cargo de Gaby Aragón, fillo do mítico paiaso Gaby e sobrino de Fofó e Miliki.
EXPOSICIÓN DE HARRY POTTER
A praza pública de Vialia acollerá desde o venres 22 de novembro unha exposición sobre maxia. en Vigo. Ofrecerá máis de 1.000 metros cadrados dedicados ao universo de Harry Potter.
PISTA DE PATINAXE E KARTS
Aqueles que desfruten deslizándose polo xeo teñen como cada ano unha cita en Samil. A pista de patinaxe e karts abrirá o venres 29. Anunciarase tamén a apertura dunha pista de xeo na praza pública Vialia, pero ao final non se levará a cabo porque as empresas que se presentaron ao concurso non cumprían os requisitos requeridos polo Concello.
PAPANOLEADA MOTERA
Miles de Papa Noel en moto volverán encher as rúas da cidade o sábado 21 de decembro, na 14 edición da Papanoleada Motera, que sairá de Navia ás 16:00 h en dirección ao centro da cidade. O único requisito para poder participar e ir correctamente ataviado e levar un kilo de comida para doar ao Banco de Alimentos.
SAN SILVESTRE
Para despedir o ano facendo un pouco de deporte podemos participar na carreira máis festiva do calendario runner. O último día do calendario milleiros de corredores atravesarán as rúas da cidade disfrazados e con ganas de pasalo ben!
CABALGATA DE REIS
O Concello xa anunciou que este ano volve a repetir a fórmula de cabalgata estática durante a mañá e as primeiras horas da tarde o 5 de xaneiro e cabalgata dinámica desde Coia ata o centro de Vigo pola tarde.