Todo o que tes que saber antes de percorrer o Vindetapas
A Movida xa percorreu os nove locais que participan no Vindetapas. A continuación todos os datos para que organicedes a vosa ruta e lle saquedes o máximo partido.
Cultura e gastronomía camiñan da man co Vindetapas. Con motivo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, estase a celebrar este singular concurso de tapas na cidade. A particularidade do certame é que todos os petiscos participantes teñen que estar elaborados con ingredientes existentes en Galicia na Idade Media, época na que viviu Martín Códax autor das cantigas recollidas no devandito pergamiño.
Os nove locais participantes tiveron que pór grandes doses de enxeño e imaxinación para conseguir emular receitas da época. O resultado son propostas moi saborosas e de coidada elaboración, todas elas preparadas ao momento de servir. O empregar ingredientes propios da época, menos habituais na cociña actual, fixo que, nalgúns casos, estiveran a esgotar existencias cando os visitamos. Pero non temos dubida de que se abastecerían abondo para compracer a curiosidade de tódolos vigueses que se acheguen esta fin de semana a testar estes orixinais petiscos.
A Carpintería, “Morteruelo”
Hoxaldre recheo de diferentes carnes de caza e acompañado dunha salsa de carne.
Dirección: Rúa Alfolíes, 19, 36208 Vigo
Valoración:
|
Taberna O Patouro, “Cantiga do cazador”
Carne picada de caza nun marco de masa de fariña de maíz acompañada de confitura de frutos do bosque que lle dá un toque de frescura.
Dirección: Plaza de M.Diego Santos, 3, 36208 Vigo
Valoración:
|
O Croque, “Empanada de espelta e kokotxas de bacallao”
Kokotxas de bacallao en base de cebola e verdura verde envoltas en tortitas de espelta.
Dirección: Rúa do Pazo 4, 36208 Vigo
Valoración:
|
Kero Piscobar, “Taco de cacheira e Garum”
Taco envolto en folla de berza recheo con cacheira e Gorum.
Dirección: Rúa do Pazo 4, 36208 Vigo
Valoración:
|
Dalalata Vigo, “Xabarín en espelta e chips de chirivía”
Boliño preñado feito con pan de espelta e recheo dunha xugosa carne de xabarín acompañada de salsa de carne. A tapa vén acompañada dunhas chips de chirivía e un pouquiño de froita que lle dá un toque refrescante ao final.
Dirección: Rúa Teófilo Llorente, 16, 36202 Vigo
Valoración:
|
Lume de Carozo, “Albondigas da horta”
Albóndigas vexetais nas que se dennota un intenso sabor a cacahuete. Veñen acompañadas dunha salsa de tomate.
Dirección: Rúa Joaquín Yáñez, 5, 36202 Vigo
Valoración:
|
Ruxe Ruxe, “Cantiga de bacallao e bocareu afumado, meu amigo”
Bacallau, nabo e bocareus afumados son os ingredientes principais desta tapa que vén acompañada dun boliño de pan de pita.
Dirección: Rúa México, 10, 36204 Vigo
Valoración:
|
Taberna La Bastarda, “Sonsega Juglar”
Coello acomapñado de salsa agridoce, crema de castañas e cabaza asada.
Dirección: Paseo de Alfonso XII, 33, 36202 Vigo
Valoración:
|
Taberna A Mina, “Mostaza, touciño e sopa”
Sopa cun contundente toque a mostaza. Con tropezóns de nabo, picatostes cruxientes e touciño.
Dirección: Rúa San Vicente, 8, 36202 Vigo
Valoración:
|