Subscríbete á revista A Movida e participa no sorteo de 9 agasallos
Co 2019 chegan os novos propósitos e nos xa temos claro cal é o noso: consolidar A Movida como a axenda cultural de referencia en Vigo. A calidade dos contidos seguirá a ser unha das nosas principais preocupacións e seguiremos traballando para ofrecer unha revista útil e entretida. Pero para todo iso precisamos a túa axuda! Subscribíndote a revista A Movida estarás axudando a que consolidemos este proxecto, pero ademais estarás contribuíndo a un Vigo máis cultural. Se queres unha cidade máis viva, máis artística e en definitiva máis movida #faiteamovidalover e participarás no sorteo de 9 agasallos.
Para participar no sorteo só tes que subscritor da nosa revista. Para elo é tan sinxelo como encher este formulario. A partir dese momento todos os meses recibirás un exemplar de A Movida no teu domicilio e ademais, se o fas antes do 7 de xaneiro, participarás no sorteo destes 9 agasallos moi vigueses:
- Unha cunca de Nikis Galicia.
- Unha cea para dous en La Leyenda (de luns a xoves, en horario de 19:30 a 23:30. Válido ata o 31 de xaneiro de 2019).
- Un calendario de Ultramarinos Deseño Galego para o 2019.
- O libro Camiñar o Vigo Vello de Pedro Feijoo cortesía de Xerais.
- Unha camisola de Nikis Galicia.
- O libro Historias de Vigo de Jorge Lamas cortesía de Xerais.
- Unha tote-bag de O Carallo Vintenove.
- O calendario Mulleres do fotógrafo José Súarez cortesía de Xerais.
- Dúas entradas dos Multicines Norte para a película e o día que ti escollas.
O prazo para participar é ata o domingo 6 de xaneiro ás 12 da noite, o luns 7 coñeceremos o nome dos nove gañadores.
Este Nadal, que mellor que regalar (ou auto-regalarte) cultura en Vigo?
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Ser subscritor da revista de A Movida. Se aínda non o es preme nesta ligazón.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 6 de decembro ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez.
Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu mail ou número de teléfono; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
Os premios (mencionados anteriormente):
A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.