REVISTA ABRIL

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete á revista A Movida

Nós xa temos claro o noso propósito para este 2019: consolidar A Movida como a axenda cultural de referencia en Vigo. A calidade dos contidos seguirá a ser unha das nosas principais preocupacións e seguiremos traballando para ofrecer unha revista útil e entretida. Pero para todo iso precisamos a túa axuda!

REVISTA ABRIL

Este Nadal lanzamos a posibilidade de regalar (ou auto-regalarte) cultura en Vigo. Subscribíndote á revista A Movida estarás axudando a que consolidemos este proxecto, pero ademais estarás contribuíndo a un Vigo máis cultural.
Se queres unha cidade máis viva, máis artística e en definitiva máis movida #faiteamovidalover!

En agradecemento tratarémoste cun agarimo especial. Ademais de recibir no teu domicilio a revista a comezos de cada mes, poderás beneficiarte de descontos e promocións en entradas e produtos ligados ao lecer e participar en sorteos exclusivos para subscritores.

Subscríbete nesta ligazón.

Subscrición A Movida