CAMELIAS MASCOTAS

SomosOcéano

Cres que é imposible xuntar sustentabilidade e moda? Aínda que nestes tempos da ditadura do consumismo ás veces é complicado atopar comercio xusto, a marca local SomosOcéano faino posible grazas ás súas prendas riquiñas para non perder o norte. Se estás farto da roupa aburrida e de baixa calidade e queres encher o teu armario con camisetas con mensaxes en galego, de xerseis para sobrevivir ao inverno e de calcetíns enlatados con estampados delirantes sigue a ler, porque isto vaiche interesar.

O microuniverso de SomosOcéano, ideado pola viguesa Ana Carpintero, nace co propósito de achegar ao consumidor pezas feitas con materiais ecolóxicos, como algodón orgánico, fabricadas en industrias próximas á cidade. Ademais este proxecto coida ata dos detalles máis pequenos e ofrece, xunto con estes tecidos naturais de primeira calidade, estampas dixitais e bordados cun baixo porcentaxe en químicos. Por se todo o anterior non abondase, SomosOcéano procura que as súas coleccións sexan atemporais, tanto en deseño coma en colorido, sendo totalmente versátiles.

Afastándose así da moda de usar e tirar, evitando compras innecesarias que favorecen a perda de recursos naturais. Poderás lucir as propostas mariñeiras de SomosOcéano durante todo o ano, xa que a vida útil das súas pezas é case eterna; non van importar o teu sexo nin a túa idade, xa que a variedade do seu catálogo pon á disposición do usuario unha morea de opcións que convencerán ata ao público máis esixente. Tamén os máis cativos poderán lucir as camisetas riquiñas de SomosOcéano, namentres se conciencian da necesidade de mercar dun xeito responsable e comprometido. Quedarán encantados coa comodidade e a suavidade dos seus tecidos!

REVISTA NOVEMBRO

Anímate a botar unha ollada na web somosoceano.com, ou achégate aos comercios Vaidhe (rúa Carral 7), Sintimones (Galerías Durán) ou Variart (rúa Salamanca, 14) para gozar en primeira persoa dos mellores deseños desta novidosa marca.

Este verán, con SomosOcéano, o teu vestiario non deixará a ninguén indiferente.

[Esta reportaxe pertence á revista A movida de setembro de 2018. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón.]

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)