REVISTA ABRIL

Solidariedade e deporte na 35 Marcha ASPANAEX

Nada máis e nada menos que 35 edicións cumpre a Marcha Aspanaex, que terá lugar o domingo 7 de outubro en Castrelos ás 10:30. O fondos recaudados irán destinados ao proxecto da residencia no antigo ambulatorio de Coia.

Xa temos data para esta edición da Marcha Aspanaex, que será o domingo 7 de outubro e comezará ás 10:30 no Auditorio do parque de Castrelos. Recoméndase aos participantes chegar media hora antes para quecer un pouco e seguir correctamente as instruccións.

REVISTA ABRIL

O percorrido será de 9 km, comezando e rematando en Castrelos. Outros dos lugares polos que pasará a marcha serán Praza América, Rúa Camelias, rúa Venezuela, Gran Vía, Rúa Urzáiz, Rúa do Príncipe, Rúa Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Rúa Pi y Margall, Rúa López Mora e de novo Praza América e Castrelos. Unha volta solidaria a Vigo para axudar aos que máis o precisan.

O prezo do dorsal será de 5€ para o público xeral e de 3€ para nenos e nenas menores de 10 anos e para persoas con discapacidade. As inscrccións e recollida de dorsais poderán efectuarse no Centro Comercial Gran Vía e en El Corte Inglés o 5 e 6 de outubro, de 17:00 a 22:00 e de 10:00 a 22:00, respectivamente. Tamén existe a opción do dorsal 0 para as persoas que queiran colaborar pero non poidan acudir ao evento. Toda a recaudación, desta e doutras actividades da Asociación, vai destinada á contrucción dunha residencia para persoas discapacitadas no antigo ambulatorio de Coia, que xa conta con todos os permisos necesarios para ser levantada.

Os obxectivos desta carreira, cuxo patrocinador principal é Delikia Fresh, son principalmente dous: visibilizar ás persoas con discapaciodade e normalizar este tipo de actividades; e recaudar os fondos necesarios para o ambicioso proxecto da residencia.

(GMT+01:00) Parque Castrelos