Soga e Cinsa, Aporía Escénica

O novo espectáculo de Aporía Escénica , vehículo expresivo da directora, dramaturga e intérprete Diana Mera, estréase en Vigo. Soga e Cinsa é un tríptico renacentista que aborda a caza de bruxas en Europa entre os séculos XV e XVII. Horror, humor, reflexión, danza e plasticidade son só algunhas das apócemas coas que reclamar xustiza polo xenocidio daquelas mulleres. Sobre as táboas, un elenco de 11 actrices: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Salgueiro, Nuria Sotelo, María Tasende e a propia directora.
A non perder este conxuro teatral programado pola incombustible Marta Núñez, artífice de que as artes escénicas da nosa cidade sigan desenvolvéndose nos espazos públicos con relativa normalidade e total seguridade para a saúde da audiencia.
Data e hora: venres 19 e sábado 20, ás 20.00 h
Lugar: Aditorio do Concello
Entrada: 8,00 €
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro - 31 Marzo, 2022
- ‘MEMO’, de Teatro Ensalle - 23 Marzo, 2022
- ‘Ragazzo’, de Barrosanta - 8 Febreiro, 2022
- ‘Algún sitio al que volver’, de Cambaleo Teatro - 1 Decembro, 2021
- ‘Cariño’, de Vaiembora - 18 Novembro, 2021