CAMELIAS MASCOTAS

Soan novos ritmos no ImaxinaSons

Estamos no ecuador do ImaxinaSons, o festival de jazz de máis importante na nosa cidade. Esta nova edición está dirixida polos músicos vigueses Yago Vázquez e Felipe Villar, dous grandes do jazz local que queren abrir o ImaxinaSons a novas fronteiras.

Iago Vázquez e Felipe Villar

Cando moitos vían perigar que se celebrase o ImaxinaSons 2018, coñeceuse que os músicos Yago Vázquez e Felipe Villar faríanse coa batuta para insuflar aires renovados ao festival. O pianista e compositor Yago Vázquez vive en Nova York dende 2008, pero sempre cun ollo posto no que acontece na súa cidade natal. Felipe Villar, promotor doutros eventos como as jam sessions en La Casa de Arriba e o NigránJazz e ben coñecido no ambiente musical da cidade. A combinación de ambos serve para tender unha ponte entre Vigo e Nova York, berce do jazz. A relación de Vázquez coa cidade neoyorkina é un punto clave neste respecto. Como el mesmo explica vivir en Nova York dálle acceso a coñecer e tocar con músicos aos que idalotrou de sempre e que antes escoitaba a través de CDs.
Esta nova edición do ImaxinaSons trae a Vigo grandes nomes do jazz internacional, moitos deles americanos como é o caso do saxofonista Keny Garret que, cunha carreira estelar de máis de 30 anos as súas costas, pode ser considerado a actuación máis importante do evento. Pero, sen esquecer aos músicos nacionais e tamén galegos que conforman gran parte do cartel. “Hoxe en día en Vigo xa hai unha gran tradición de jazz e grandes músicos dedicados a este estilo musical”, sinala Vázquez.
Outras dúas novidades nesta edición son as Jam Sessions e as Masterclases. Os directores amósanse moi orgullosos de ambas actividades. As jams dan a oportunidade a participar no festival a tódolos afeccionados ao jazz, que en moitas ocasións poderán tocar ao carón de grandes artistas que actuaron previamente. E as Masterclases son unha oportunidade única para traer a Vigo a grandes do jazz, fonte asegurada de inspiración para as novas xeracións.