REVISTA ABRIL

O Imaxinasons sopra con forza en Vigo

Chegou o jazz a Vigo, chegou o Imaxinasons. Desde o venres 29 de xuño ata o mércores 4 de xullo a cidade inundarase de jazz, swing, bailes, jam sessions, concertos e demais actividades entorno á música, como as de Música na Maleta ou as masterclasses. Un evento imprescindible e cada vez máis ambicioso, que vai crecendo ano tras ano a pasos axigantados. 

VENRES 29

O dia inicial estará conformado por tres actuacións, cuxo concerto de apertura será no Auditorio do Concello ás 20:30 a cargo de Soweto Kinch Trio, saxofonista e productor cuxo estilo oscila entre o jazz, o rap e a spoken word, facendo da súa música algo único e diferente. Ás 23 teremos ao Wilfried Wilde Quintet no mesmo lugar e á medianoite estará Pablo Castaño coa súa jam session no Café Vitruvia.

SÁBADO 30

Ás 18:30 estará na Praza da Princesa a Big Bang Band e dúas horas máis tarde teremos con Auditorio do Concello ao Kenny Garrett Quintet, o prato forte do día. O lendario saxofonista deleitará aos asistentes con puro jazz e coa súa característica linguaxe musical. No mesmo sitio, pero ás 23:00, teremos ao Manolo Gutiérrez Trío, e para finalizar a xornada, jam session a cargo do Max Gómez Cuarteto no Café Vitruvia.

DOMINGO 1

Comezamos a tarde a ritmo de swing ás 18:30 na Praza da Princesa, con The Alley Stompers e as escolas de danza Swing On e Mayeuswing. Como concerto principal teremos o de Charanée Wade ás 20:30 no Auditorio, unha das revelacións vocais do panorama jazzístico. Para poñer punto e final, a xornada iso si, é o turno do Dani Font Quartet coa súa jam no Vitruvia.

LUNS 2

Ás 20:30 no vestíbulo do Auditorio estarán 155, proxecto liderado por David Santos, Dani Domínguez e Alfonso Muñoz. Un par de horas despois, xusto ao lado, no propio Auditorio, a Kurt Rosenwinkel Caipi Band nos amosará o seu potente repertorio, no que o seu lider volcou todos os coñecementos adquiridos durantes os seus anos como profesor de jazz en Alemaña. Como de costume, as 24 horas teremos a jam de Fonogenia, esta vez na Sala Magnética.

MARTES 3

REVISTA ABRIL

Repetimos esquema. Ás 20:30, no vestíbulo do Auditorio, actuación de Comando Radar. Ás 22:30, no Auditorio, o trío formado por Da Silva, Douglas e Weinrib ofrecerá un gran concerto en sustitución de Glenn Zaleski, quen sufriu unha lesión fai unha semana. Fernando Sánchez Quartet pechará a xornada coa súa jam en La Casa de Arriba.

MÉRCORES 4

No auditorio do Conservatorio Superior de Música estarán Rossy & Vercher co seu proxecto Filantropía. Ás 22:30 da noite estarán no Auditorio do Concello Drewes, Lee e Hirshfield Equality, un trío formado por músicos veteráns e de gran bagaxe musical, que interpretarán temas compostos polo baixista Scott Lee. Para poñer o broche a esta fantástica edición teremos ao Jayma Estévez Trío na Sala Contrabajo, coa jam session que porá fin, ata o ano que vén, a este gran festival de jazz.