Sergio del Molino: “Por agora a nosa idea do inferno segue a ser Auschwitz”

O flamante gañador do Premio Alfaguara de Novela, Sergio del Molino, estivo este mércores en Vigo para presentar a súa última novela Los alemanes no Club Faro. Nela conta a historia de dous irmáns, os Schuster, descendentes dos coñecidos como alemáns do Camerún: xermanos que fuxiron do país africano en 1916 e atoparon acubillo en diferentes cidades españolas, sobre todo en Zaragoza. Aproveitamos para falar con el deste libro e doutros temas presentas na súa extensa obra literaria.

Sergio del Molino | P. Vázquez

Sempre tiven na carteira facer algo cos alemáns do Camerún. Intentei varias veces escribir unha novela con esa historia de fondo pero non había xeito de que arrancase. Descubrín que non tiña por que ser unha novela histórica, senón que podía utilizar esa investigación para facer unha novela familiar na que volcar as miñas obsesións sobre o desarraigamento, as patrias imaxinarias… Casi me resignara a escribir nada sobre isto, porque non saía, pero saíu despois de tomar conciencia de que eses eran os meus temas.

Depende. Houbo momentos nos que escribín dous libros á vez, sempre que sexan distintos; ensaio ou narrativa, para poder descansar do un e do outro. Pero o normal é que vaia dun en un e que me entregue sobre todo na fase de escrita. Son grafómano e son rápido escribindo, o que me permite ter esta alta produción. Por exemplo, agora mesmo sei cales van ser os meus dous próximos libros e estou documentándome para ambos, pero non sei con cal vou empezar. Vou traballando segundo o que me van pedindo os libros.

Sempre é máis complicado falar desde a desnudez narrativa cunha primeira persoa, aínda que para quen nunca escribise deste xeito poida parecer máis doado. Esixe moito máis de ti, mesmo á hora de impoñer os límites: tes que crear unhas coordenadas, un pacto de lectura que está sempre modulando… é un desgaste moito maior que desdobrarte en personaxes de ficción. Todos os personaxes de Los alemanes teñen algo meu o de persoas que coñezo: características da súa personalidade, anécdotas… Iso é moito máis fácil e moito menos doloroso e traballoso. A escritura autobiográfica formula uns retos e problemas que na ficción podes eludir alegremente.

“A escritura autobiográfica formula uns retos e problemas que na ficción podes eludir alegremente”

Un sempre ten medo de repetirse en exceso ou de ser demasiado banal, de non aportar nada ao que xa se dixo sobre estes temas. Pero non, non tiven medo porque creo que estes alemáns totalmente desnacionalizados e deslocalizados, como se fose unha empresa que trasladou a produción a China, contemplan o nazismo desde un lugar insólito e cunha relación pouco narrada. Abre un territorio narrativo que non choca coas reflexións sobre o nazismo que se fan na literatura alemá. Agora mesmo a maioría dos libros que importan en Alemaña van sobre a culpa, a herencia do nazismo… este non pretende poñerse á altura: nin eu son un autor alemán nin o meu avó é nazi. Pero esta historia si que é un camiño secundario moi interesante para seguir mirando de fronte ese horizonte moral que é o Holocausto, ao que seguiremos mirando indudablemente ata que aconteza un maior. O único motivo polo que pode esquecerse algo tan aterrador como o nazismo é que outra catástrofe maior o supere, e de momento aínda non sucedeu. Por agora, a nosa idea do inferno segue a ser Auschwitz.

Non hai nada parecido ao nazismo. Non hai no mundo un proxecto nin remotamente parecido nin cunha pulsión xenocida tan grande como a que houbo no nazismo, por moi aberrantes que sexan as guerras que vemos hoxe. Tería que recruarse moito moitísimo para chegar a ese nivel de matanza industrial sistemático que é un xenocidio, que é intentar acabar con todos os membros dun grupo. Por moi bárbara e inaceptable que sexa a guerra de Israel sobre Gaza aínda está moi lonxe. Probablemente tería que chegar unha guerra das dimensións da Segunda Guerra Mundial, e aínda estamos lonxe, por moito que pensemos que o mundo se dirixe irremediablemente aí. Igual meu fillo chega a vela, eu desde logo non o creo.

Non, por Deus. O equipo de Alfaguara é moi elegante. Hai unha especie de esvástica deconstruída na zona baixa, ou polo menos eu o interpreto así, porque non o falei coa deseñadora. Nunca se formulou tal cousa. Eu nunca me meto en cuestións de deseño, pero sempre me reservo o dereito de aprobar a capa. Nunca aprobaría unha cunha esvástica, por aí non pasaría! (risos)

Sinto unha forte atracción literaria por Alemaña, da súa cultura ,do seu pensamento e da súa música. Boa parte da miña dieta lectora é literatura alemá. A música alemá tamén me acompaña como aos Schuster na novela. A Alemaña viaxo case todos os anos, tanto por promoción como por pracer. Malia que nunca vivín alí, teño bos amigos no país, pero non falo alemán. Non é un país que me sexa estraño. Todos os escenarios alemáns que aparecen na novela son lugares paseados e vividos por min.

Estou ao tanto. Sei que en Galicia houbo unha forte presenza de alemáns. Tamén en Málaga houbo unha colonia moi intensa, paralela á de Vigo. O porto de Vigo era un punto de saída dos nazis a América Latina.

Hai unha chea de historias conspiranoicas que sitúan a Hitler en casi todos os países de América Latina despois de huír desde Vigo.

O premio en si é un anticipo que va contra as vendas. Hai escritores que cobran anticipos así; son poucos, pero algúns hai. Eu en España o que boto en falta son os grandes premios que hai en Reino Unido, Francia ou Italia, que se dan a obra publicada: Booker, Pulitzer, Strega, Goncourt… Son premios, a maioría privados, que se dan ao mellor libro do ano, o que tamén é unha entelequia. Nestes casos hai elementos que poden contaminar a decisión do xurado, que non vai valorar só o texto. Eu só podo falar do Alfaguara, que é no único no que fun xurado. Debatimos tranquilamente sobre os seis finalistas e tivemos as nosas pelexas encarnizadas, porque non nos puñamos de acordo. A editorial non interviu en absoluto. Noutras editoriais non sei como será. Creo que a literatura española se normalizaría se houbese un equivalente aos premios que mencionei antes. Pero primeiro ten que haber alguén que poña a pasta, alguén que crea que paga a pena financiar iso. E que sexa atractivo para os escritores. A literatura española é rara nese sentido porque é a única gran literatura europea que carece dun premio grande a obra publicada.

“Fixen un esforzo por desencadrarme da España vacía sen renegar nunca dela”

Sería unha fatalidade, pero creo que fuxín bastante dela. O que me daba medo era o encadramento político. Que se me usara como ariete político e de feito houbo invitacións para participar politicamente en certos grupos. O encadramento tes que traballalo ti. Ademais ti escolles: outro escritor no meu lugar igual non soltaba este tema porque lle vai ben con el. Eu por desgraza teño moitos máis intereses e fixen un esforzo por desencadrarme, sen renegar nunca da España vacía nin das súas secuelas. Foi moi importante na miña carreira e na miña literatura á hora de concebir o que é o ensaísmo. Algúns deses temas seguen presentes en Los alemanes. Hai rasgos de continuidade pero sobre todo de ruptura. Intento facer cousas distintas para non aburririme tamén. Non sería unha maldición, pero aburriríame ser toda a vida o escritor da España vacía. Noto que xa cambiou esa percepción, sobre todo nos últimos libros, e non hai a necesidade de poñer a España vacía ao lado do meu nome.

É algo que sinto eu que imaxino que sinte moita outra xente. Creo que está moito máis xeneralizado do que parece, pero como é un sentimento íntimo non se socializa nin se verbaliza. Agás en casos extremos, a xente non adoita pensar que sexa un tema relevante. Non é so no aspecto xeográfico ou identitario, senón tamén de clase. Eu síntome un desclasado, son un fillo que ten pouco que falar cos seus pais. Hai unha fenda enorme entre a miña vida e a dos meus país, unha fenda xeracional enorme. Por moito que unha familia se quera, sempre hai esa incomunicación que crea moita dor en ambas partes. Levamos vidas nas que non nos atopamos, nas que é difícil coincidir en gustos e intereses.

Tamén é cultural. En España ese desclasamento prodúcese cando se populariza a educación universitaria. De súpeto hai unha xeración de fillos urbanos que levan vidas totalmente distintas ás dos seus pais. Ata o 2008, os fillos vivían mellor que os seus país.

Rafa Valero e Sergio del Molino no Club Faro | P. Cermeño

O mar axuda moito, determina moito a morfoloxía dunha cidade. As cidades de interior parécense máis. Galicia si que ten unha homoxeneidade…

En xeral, ao feísmo e ao belismo. Sei que hai un certo orgullo feísta galego…

Iso xa é terrorismo urbanístico, que o houbo e hai en toda España. Non é patrimonio exclusivo galego. En España hai moita competencia, é terrible niso. Aquí hai algo nas rúas e na pedra que che din “estou en Galicia”. Ten un algo recoñecible que non o atopas noutros lugares con identidades marcadas, como Cataluña.

Non se pode xeneralizar porque cada escritor é un mundo. Non hai un estándar do que significa ser escritor. Como todos chegamos por casualidade xestionámolo dun xeito improvisado. O peor, no meu caso, e aínda que soe a tópico, é a soidade. O traballo solitario, non ter con quen compartilo , non saber que facer co que se escribe… Dependes moito da opinión dos estraños, pero non sabes a quen acudir. Tes que confiar no teu criterio, porque non sabes que facer co dos demais. O mellor é que esto non é un traballo, é unha troula. É a vida que escolliches e saíu ben. Tes que considerarte un privilexiado, é unha marabilla. Se tes unha carreira literaria e vives ben isto é unha troula. Calquera cousa da que nos queixemos é mentira; queixámonos porque os humanos somos choricas por natureza.

“Se tes unha carreira literaria e vives ben isto é unha troula”

REVISTA VERAN
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.