Sendeiro Local de Valadares
O Sendeiro Local de Valadares pódese principiar tanto no Parque Forestal de Monte dos Pozos como no Monte Alba, dada a súa confguración circular. No seu transcorrer permite contemplar a extensa superfcie da Comunidade de Montes de Valladares, incluído o Monte Cepudo, así como os montes limítrofes (Galiñeiro, montes de Coruxo, etc.), interesantes perspectivas tanto da cidade de Vigo como de Nigrán e unha parte da senda das esculturas.
A Comunidade de Montes de Valladares foi unha das grandes afectadas polos lumes de outubro de 2017 e nestes momentos a fisionomía do territorio que atravesa o sendeiro está nun proceso de reforestación que tardará o seu tempo en consolidarse. Resulta alentador comprobar como neste proceso, ao igual que noutras comunidades afectadas, están a colaborar un importante número de colectivos e centros educativos.
KM: 8,01
DURACIÓN: 3,5 H
DIFICULTADE: media