Sempre nos quedará Casablanca: música no barrio durante dúas fins de semana
O céntrico barrio de Casablanca, caracterizado pola vitalidade da súa hostalería, acollerá ao longo de dúas fins de semana o festival de recente creación Casablanca Weekend Festival. Eladio y los Seres Queridos, Caspervek ou Los Naipes son algúns dos artistas que actuarán os días 10, 11, 18 e 19 de xuño en diferentes espazos do barrio.
O barrio de Casablanca sempre gozou de vitalidad no ámbito da hostalería e da cultura. En outubro de 2020 perdía a súa principal sala de concertos, El Contrabajo Club, aínda que a música en directo seguiu viva noutros locais como La Pecera ou La Leyenda. Os días 10, 11, 18 e 19 de xuño arrinca no ámbito no barrio o Casablanca Weekend Festival, co obxectivo principal de dinamizar a zona con diferentes eventos musicais en emprazamentos situados nas súas rúas, podendo xerar así mesmo, afluencia aos diversos locais da zona, tanto de hostalería como doutros tipos de negocio. Detras da iniciativa está “sospeitoso habitual” da zona, probablemente o artista que máis veces tocou nas súas salas: Alberto Cunha.
Os espazos que albergarán as actuacións serán El Corte Inglés, La Pecera, Librería Versus e o Garaxe Casablanca. As entradas para os concertos, excepto para Los Hermanos Cunha en El Corte Inglés e a presentación do libro disco Escolma aberta en Versus, que serán gratuítas, poderán adquirirse en La Pecera por 8€ de forma anticipada e a10€ na porta o día do evento… Para a proxección de Nosferatu, pola súa parte, mercaranse por 5€ en Versus, cun aforo de 120 persoas.
Venres 10
- Na terraza de El Corte Inglés actuarán en sesión de tarde noite (20:00) Los Hermanos Cunha
- A partir das 22:00 en La Pecera (Rúa Pizarro,35) actuarán en acústico Eladio y los Seres Queridos (interpretando o seu disco Cantares)
Sábado 11
- Na Librería Versus (Rúa Venezuela,80) en sesión vermú a partir das 12:30, presentación do libro disco Escolma aberta, publicado por Editorial Elvira.
- A partir das 22:00 no ACUARIO (Rúa Pizarro,35) actuará o grupo vigués Los Naipes, formado por Óscar Avendaño, Toño López, Andrés Cunha e Mauro Comesaña.
Sábado 18
- A partir das 22:00 no La Pecera actuará desde Madrid: José María Guzmán, unha lenda da música española cunha ampla bagaxe ás súas costas e experiencias en grupos como Cadillac ou Cánovas ,Rodrigo, Adolfo e Guzmán.
Domingo 19
- No Garaje Casablanca (Rúa Venezuela, 82) e por primeira vez nun recinto de estas características, a partir das 19:30, proxección da película Nosferatu con banda sonora será interpretada en directo polo grupo Caspervek. Será unha experiencia pioneira e inesquecible en pleno corazón de Vigo, cun aforo limitado de120 persoas.
- Despois da proxección, haberá un encontro en La Pecera para todos os asistentes.