VIALIA
bannerPicnicSesions

A música en directo gaña protagonismo no barrio Casablanca cun novo festival

O barrio Casablanca continúa no seu afán de gañar protagonismo na cidade. Esta fin de semana teñen preparado un festival, no que a música en directo será a gran protagonista.

Tódolos venres e sábados a música ao vivo está moi presente no barrio Casablanca grazas a locais como El Contrabajo o La Pecera. Pero, esta fin de semana a oferta ampliase coa celebración do Casablanca Weekend Festival. Un evento que ten como obxectivo encher esta zona viguesa de actuacións musicais.
O festival arranca o venres cunha sesión de tarde na terraza do Corte Inglés. Os grandes almacéns súmanse á iniciativa convencidos da necesidade de reivindicar a autenticidade do barrio Casablanca e de vincular o seu espazo gastronómico, situado na sétima planta do centro comercial, coa cultura. Dende os almacéns agardan que este sexa o comezo dun novo ciclo e que o concerto de Two in The Mirror mañá sexa o primeiro de moitos outros. O festival continúa o mesmo venres en El Contrabajo co grupo portugués de tributo aos Beatles Beetoes. Outro dos obxectivos deste festival é encher de música espazos nos que non é habitual que se celebren concertos. O sábado en sesión vermú Alberto Cunha actuará na libraría Versus, cun espectáculo no que renderá homenaxe a escritores e poetas.
Na tarde noite do sábado, o jazz e o blues serán os grandes protagonistas. Ás 20:30 Jay Doe actuará en La Comedia e, a partir das 23:00 horas en la Pecera tocará The Lákazans. A banda de Boiro acaba de recibir o premio Martín Códax ao mellor grupo de blues en Galicia. O carismático artista vigués Tony Lomba será o encargado de pechar o festival o domingo cunha sesión vermú en La Leyenda.
O festival é unha iniciativa do músico vigués Alberto Cunha que, coa colaboración dos locais deste emblemático barrio e do Concello de Vigo, agarda que esta sexa a primeira de moitas outras edicións e que no futuro o cartel aumente e inclúa artistas do ámbito nacional e internacional.