ASNEVES
REVISTA MAIO

Seis novos grupos súmanse ao cartel do festival Underfest

Mueveloreina, La Perra Blanco, Yung Prado, Henry Warrington, Álex Silva e Los Mejillones Tigre son as novas incorporacións do festival Underfest que se celebrará en diferentes ubicacións da cidade os días 15 e 16 de setembro.

A sexta edición do Festival Underfest mantén a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, enchendo os principais escenarios de Vigo cunha oferta musical variada de interesantes propostas nacionais e internacionais. Ao cartel anunciado con anterioridade no que atopabamos os nomes de Paul Weller, Blood Red Shoes, _Juno, La Élite, PVA, Ciel, Queidem e LaTorre súmanse agora seis bandas máis: Mueveloreina, La Perra Blanco, Yung Prado, Henry Warrington, Álex Silva e Los Mejillones Tigre.

Mueveloreina é un proxecto mutante ácedo, esteticista e pegadizo que Karma Cereza e Joaco J Fox levan impulsando desde 2016, a posta en escena é intensa, visual, alocada e muy divertida. La perra blanco, apodada como a “nova Reina do Rockabilly”, Alba Blanco está rompendo as reglas nun mundo de homes, tocando a guitarra e cantando cunha enerxía explosiva . Los Mejillones Tigre son capaces de combinar cumbia, garage, boogaloo e psicodelia nun mismo set, facendo dos seus directos algo único e especial. Compoñente do colectivo Mainline, Yung Prado está considerado un dos artistas emerxentes máis destacados na escena da música electrónica de club nacional.  Álex Silva é un compositor e artista sonoro galego, na súa interpretación da música electrónica contemporánea vemos claras influencias dos seus primeiros anos en bandas de punk. A nota viguesa pona Henry Warrington, unha das voces máis xenuinas e prometedoras da nova xeración local. Aúna a crudeza do folk-rock da súa primeira etapa cunha electrónica sutil e máis complexa.

Os concertos anunciados desenvolveranse como é habitual en diferentes puntos da cidade entre o venres 15 e o sábado 16 de setembro, pero ademais o evento ten preparadas varias actividades paralelas que terán lugar os días previos do festival e que anunciarán proximamente. Os abonos xerais esgotáronse as poucas horas de saír á venda, pero aínda quedan dispoñibles entradas por día para a programación de venres e sábado, xunto a entradas individuais para algúns dos concertos.