Sanny: cantautora comprometida

Sandra Gómez, o nome que se agocha tras Sanny, mantén viva a chama do folk combativo e intimista. Cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten, desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo desde o 2012 entre Vigo e Santiago.
En Preston (Reino Unido), ademais de estudar elementos relacionados coa música e sociedade dos Estados Unidos, percorreu cada semana os micros abertos dos locais da cidade (The Ferret foi o máis habitual). Será á volta cando grave o seu primeiro traballo discográfico, Loners Downtown (2019), un EP de cinco temas que bailan entre o folk e o indie. Nos últimos meses publicou dous novos temas, ’25’ e ‘Bird in a Cage’, esta vez acompañada por unha banda de músicos locais.


Este texto procede do libro Son da cidade (Galaxia, 2022), con textos de Pablo Vázquez e ilustracións de Denis Carballás. Preme aquí e consigue un exemplar!
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Non é cidade para bibliotecas - 25 Marzo, 2025
- Sacar a lingua de viaxe - 24 Marzo, 2025
- Que queres que se faga no Teatro Cine Fraga? Estas son as peticións máis repetidas - 19 Marzo, 2025
- ACT Galicia, a canteira de intérpretes do noso audiovisual - 11 Marzo, 2025
- Novidades musicais viguesas do primeiro trimestre de 2025 - 7 Marzo, 2025