REVISTA ABRIL

Vigo celebra o San Xoán con fogueiras, sardiñada e música

O Concello de Vigo autorizou este ano a realización de 21 fogueiras, a maioría pertencentes a asociacións culturais repartidas por toda a xeografía olívica. Imos recompilar algunhas delas para que poidas acudiar á máis próxima a comer sardiñas, chourizo e a dárlle a benvida ao verán na noite do 23 de xuño.

  • As da Industria (Parque García Picher): Desde as 20:00 con obradoiros para os pequenos e concertos de Peter Punk, Sofía Espiñeira e Ardora. Hai alternativa vegana.
  • Matamá (Torreiro de Matamá): Desde as 17:00 cunha charla sobre as herbas de San Xoán con posterior andaina. Música a partir das 22:00.
  • Asociación Veciñal Emilio Crespo (Rúa Bravo, no barrio antigo de Navia): A partir das 20:30 con música, animación e sardiñada.
  • Asociación de Vecinos Novo Vigo (Rúa das Ufas, no extremo sur do PAU de Navia): Desde as 19:00 con música, meco feito por APAMP e conxuro da queimada.
  • Cabral (Asociación de Vecinos Santa Marina de Cabral): Desde as 21:00 con sardiñas, chourizos, viño, boa música e mostra monográfica sobre as herbas de San Xoán.
  • Alcabre (Torreiro da Igrexa Vella): Desde as 21:00 con sardiñada, chourizos, animación a cargo de Barafunda e música da man de Pelepau, Other Game, Johnny Key e Sehiba.
  • As da Bouza (Parque da Bouza, Coia): Desde as 19:00 con recollida de herbas, espectáculo familiar, maxia co Mago Paco e música con Blues do País.
  • Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (Torreiro do Carme): Desde as 21:00 con sardiñas, viño e música tradicional de gaita.
  • Canido (Torreiro de Liñares): A partir das 20:30 sardiñas, lume e música cos Irmáns Cunha e a partir da 1:30 DJ ata acabar a festa.
  • Casco Vello (Praza do Berbés): A partir das 21h haberá espectáculo de maxia con Barafunda, obradoiro de danzas do mundo co grupo Monteira, aquelarre, cuncheiros e fogueira.
  • Casco Vello Alto (Praza do abanico): Non haberá fogueira, pero si “sardiñada sideral” con música, comida e bebida.
  • Saiáns (Radio costeira): Fogueira e actuación de varios grupos, como E.M.T e os Juais.
  • Beade (Centro cultural): Actuación de grupos folclóricos e sardiñas de balde para os socios.
  • O Freixo (Torreiro de San Xoán de Freixo): Desde as 18:00 cunha andaina para recoller herbas de San Xoán e música de Os Tabáns, Vai na herba, Cantareiras Bouzacoba, Charanga Vaite Xa e foliada aberta para rematar.
  • Teis (Camiño Maceiras, frente ao auditorio): Festa ambientada na serie Juego de Tronos, titulada San Juan is coming, que comezará cunha mostra de artes marciais, loita con espadas e xogo do pau galaicoportugués. A partir da medianoite haberá DJ.
  • Valadares (inmediacións CVC de Valadares): Desde as 22:00 con comida e a música da Agrupación Folclórica do CVD de Valadares.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.