Plans para namorar este San Valentín
Este San Valentín traemos plans tanto para as persoas con parella, aquelas que andan na procura da súa media laranxa e incluso para esas persoas que prefiren a soltería. Calquera opción é válida para celebrar o amor, aquí vos deixamos algunhas ideas. (Texto: Ana Costa)
Para os que teñen alguén especial…
Aínda que todos os días son especiais, San Valentín é unha boa excusa para facer algo diferente xunto as nosas parellas. Sorpreder a esa persoa cun agasallo ou cun plan romático para os dous é sempre un acerto.
Co corazón contento, só nos queda ter a barriga chea, e diso encárgase El Trigal, coas caixas de almorzo que envían a domicilio e a que podemos engadir a nosa mensaxe personalizada para acompañar o xesto romántico. A panadería de Balaídos tamén ofrece tortas e doces con motivos románticos, podendo elixir o que máis nos guste ou mesmo podemos personalizalo. Outra opción son as súas cestas para sorprender cun picnic a esa persoa especial. O restaurante O Lar das Artes adianta a celebración ao sábado pola noite cunha cea con boleros de fondo e karaoke. Poderemos dedicarlle unha canción á parella e se a reserva da cea se fai con anterioridade, haberá sidra de regalo para brindar! Na Tapa do Barril ofrece un menú especial o martes 14 co que poderedes probar as súas empanadillas groumet. O menú estará dispoñible tanto para tomar no local como para levar a casa. Por último, o restaurante Cañaveral propón plan de velada romática con DJ que pinchará aqueles temas que queiramos dedicar ao noso acompañante, photocall con cámara polaroid e entrante doce de benvida gratis. Ademais tamén teñen opción vegana!
Para acertar cun bo agasallo, son moitas as opcións que a nosa cidade ofrece. Regalar lectura é sempre unha boa opción, en Librouro temos centos de libros onde escoller. Doutra banda, Sr Nilsson descóbrenos as mellores ideas para agasallos, centrándose en accesorios e xoiería, coma tamén o fai Nikkis Galicia con recomendacións de artigos para esa data especial. Tamén podes innovar con Vaidhe, xa que ofrecen uns talonarios con plans para gozar coa túa parella e regalar momentos de calidade únicos e especiais. Ademais, tamén ofrecen ilustracións, chaveiros e postais para contarlle a esa persoa especial o moito que a queres.
Aqueles que están na procura de parella…
Se aínda non atopaches o amor, San Camelín darache as ferramentas necesarias para atopar ao teu amor verdadeiro. Neste concurso, 10 solteiros terán a oportunidade de coñecer á súa alma xemelga no Centro Comercial Camelias, grazas ás citas a cegas que organizarán baixo o nome de San Camelín. Se tras as citas exprés que se realizarán nas cafeterías do local conseguen facer match, serán convidados polo Centro Comercial Camelias a unha segunda cita cunha cea gratis en La Terraza Creperie. Na Taberna A Mina os seus famosos Miércoles de Pinchito pasan ao martes 14, co funcionamento de sempre: por cada consumición os participantes reciben un posavasos no que deben escribir calquera cousa (, número de teléfono, conta de instagram, canción favorita, un poema…) e agarda a que suceda a maxia!
O máis importante, o amor propio
A soltería tamén pode celebrarse nesta data, xa que o amor por un mesmo tamén é importante. Para coñecer máis sobre un mesmo, neste caso as mulleres, persoas non binarias e/ou identidades disidentes e LGTBIQA+ a partir de 16 anos, poderán facelo no San Clitorin. Para desmontar amores románticos, gozarás tecendo redes de coidados diversas biocéntricas con arte e humor, de 5 a 8 horas en A Morada. A xornada arranca cun faladoiro de comadres, ‘a revolución dos afectos’, un obradoiro de collaxe dun mapa de prazeres e un obradoiro de arxila, facendo un clitoris á terra. A velada finalizará cun brindis e foliada.