O Mar de Vigo celebra San Valentín con descontos en dez actuacións

Desde hoxe e ata o 14 de febreiro o Auditorio Mar de Vigo ofrece un 50% de desconto na segunda entrada para dez dos espectáculos que ten programados esta tempada, como os concertos de Mikel Erentxun e Quique González, ou a primeira
función do musical ‘Ghost’ . As entradas deben adquirirse a través da plataforma teuticket.

Quique González

O Auditorio Mar de Vigo comeza hoxe luns e ata o 14 de febreiro unha gran campaña de descontos con motivo do día de San Valentín. Esta oferta consiste nun desconto do 50% na segunda entrada, para poder gozar en parella de ata dez espectáculos da súa programación. As entradas deben adquirirse a través da plataforma teuticket.

XORNADA XUNTA

Estes eventos forman parte dos programados ata principios de abril, entre os que podemos atopar desde ballet, música, humor ou ópera. Durante case quince días, a compra dunha segunda entrada terá unha rebaixa do 50% e este desconto está activado válido para o ballet de ‘La Bella Durmiente’ este sábado 5 de febreiro, os concertos de Nacho Vegas o 12 de febreiro, Mikel Erentxun o 25 de febreiro, Albert Pla o 12 de marzo, Quique González o 25 de marzo e Miss Caffeina o 2 de abril, a primeira sesión do musical de ‘Ghost’, protagonizada por Bustamante, o 3 de marzo ás 20.30 horas, o tributo a Queen, Remember Queen o 11 de marzo, a primeira función do show humorístico de Carlos Latre o 18 de marzo, ou a gran ópera de G. Verdi,Aida’, o vindeiro 3 de abril.

Entre as propostas está o ballet de La Bella Durmiente este sábado 5 de febreiro. As aclamadas figuras do Royal Russian Ballet chegan aos escenarios para traer unha estupenda produción do ballet clásico que entusiasmará a toda a familia. Esta xenial creación de Tchaikovsky, combínase cunha fermosa coreografía para conformar unha produción que conquistou ao público en todo o mundo. Como están facendo os numerosos artistas que presentarán os seus novos discos no Auditorio Mar de Vigo estes meses.

‘Mundos inmóviles derrumbándose’ é o título do álbum que Nacho Vegas presentará en Vigo o 12 de febreiro, despois de colgar o cartel de entradas esgotadas esta primeira fin de semana, e na que estará ben arroupado sobre o escenario por unha nova e sólida banda. O 25 de febreiro é a nova data para o concerto de Mikel Erentxun, un artista volve con toda a súa banda, en eléctrico, para darlle unha nova vida a unha selección de cancións míticas, que inclúe este proxecto especial, ‘Amigos de Guardia’. Albert Pla regresa o Galicia o 12 de marzo con ‘Miedo 2.0’, onde o artista de Sabadell propón unha reflexión sobre como se convive “con novos medos, inimaxinables ata o de agora”. Aposta por ”superar o medo”. Neste proxecto, Pla asume a concepción e interpretación e está acompañado por Pepe Miravete na dirección. Ademais, lidera a parte musical xunto a Raül Refree.

Por outra banda, Quique González, presentará ‘Sur en el valle’ o 25 de marzo no Auditorio Mar de Vigo. Un traballo cun son orgánico, directo e unha enerxía contida no que busca novas paisaxes sonoras e outorga maior protagonismo a instrumentos acústicos como o contrabaixo e a guitarra clásica. Xa en abril, o día 2, Miss Caffeina chegan a Vigo co seu novo traballo, ‘El año del Tigre’, co que a banda se lanza á estrada, nunha xira sen precedentes, para mostrarlle ao mundo as garras presentando en directo as cancións deste novo álbum.

O musical de ‘Ghost’, o espectáculo, que recibiu o Premio Broadway World Spain ao Mellor Music chegará en marzo ao Mar de Vigo con seis funcións. O desconto da segunda entrada a metade de prezo poderá utilizarse na primeira das funcións na que ademais, actuará Bustamante no papel de Sam, a do 3 de marzo ás 20.30 horas. ‘Remember Queen’, a mellor homenaxe a Queen do mundo, chega o 11 de marzo en formato musical, cun excelente percorrido polas súas cancións e con Piero Venery ó frente, considerado o mellor dobre de Freddie Mercury do mundo. A primeira das sesións de ​​One Man Show, o novo espectáculo de Carlos Latre, o 18 de marzo, tamén contará con ese desconto. Unha velada na que fará un repaso a toda a actualidade do país. A política, sociedade, cultura, deporte, televisión, modas, tendencias, Internet, a pandemia e a Covid.

E o 3 de abril, a compañía de Ópera “LGAM” (Leonor Gago Artist Management) en colaboración coa Ópera Nacional de Moldavia presentan: ‘Aida’ de G. Verdi, Ópera en 4 actos. Máis de 70 artistas baixo a dirección escénica de Javier Agullo, con trece artistas solitas invitados, coa soprano Helena Gallardo e o tenor Goirgi Meladze á fronte.