CAMELIAS MASCOTAS

Revive o mítico concerto de Queen en Wembley con Dios Salve a la Reina

Este sábado 27 no IFEVI teremos a oportunidade de revivir o mítico concerto de Queen en Wembley co espectáculo Dios Salve a la Reina, considerado o mellor tributo á banda británica do mundo. 

Pablo Padín lidera o show Dios Salve a la Reina

O espírito de Freddie Mercury renacerá este sábado no IFEVI co show Dios Salve a la Reina, unha recreación do concerto máis soado da banda: Wembley 86. Este espectáculo tan especial serve para celebrar os 20 anos da considerada como a mellor banda tributo de Queen do mundo. Tanto é así, que o grupo liderado polo arxentino Pablo Padín foi escollido polos propios Queen para ser eles quen fagan a promoción do filme Bohemian Rhapsody, o biopic de Mercury.

REVISTA NOVEMBRO

Vigo será unha das 18 cidades españolas nas que fará parada a ‘Raíña’. É a oitava vez que este tributo chega á nosa cidade e todas as súas visitas remataron cun sold-out, polo que esta vez optouse por un espazo máis grande como o IFEVI, que vén de albergar a pasada fin de semana o II Festival de Rock.

Ás entradas están á venda desde 30€ e poden conseguirse no seguinte enlace. A apertura de portas será ás 20:00 e o concerto comezará ás 21:30. Haberá lanzadeiras especiais de Vitrasa tanto á ida como á volta. Ademais, e para recrear á perfección o ambiente daquel concerto único, utilizaranse focos e iluminación propia da época, así como un vestiario dos oitenta. Desta forma, e co parecido vocal e físico de Pablo Padín, dará a sensación de estar vendo realmente a Queen naquel show de Londres.

Comparade vós mesmos:

(GMT+01:00) IFEVI