O Teatro Ensalle é un espazo no que se acolle, programa e investiga todo tipo de artes escénicas contemporáneas. Ademais de ser unha compañía homónima onde se forma e se crean espectáculos propios, é o lugar para compañías residentes como Provisional Danza, Pisando Ovos, Ceo RasO, Anómico Teatro e a Asociación de Amigos de Teatro Ensalle.
Ensalle, como compañía de creación contemporánea, nace en Madrid no ano 1995 pero trasládanse a Vigo en 2003 coa fin de aportar pola creación desde “a periferia”.
Raquel Hernández e Pedro Fresneda fundan ese mesmo ano en Vigo Teatro Ensalle, un espazo de exhibición e difusión centrado no teatro e danza contemporáneos e Centro de Creación, que contará coas cinco compañías residentes mencionadas antes, entre as cales está a propia Ensalle.
A compañía é a suma dos creadores Raquel Hernández, Pedro Fresneda e Artús Rei e da súa traxectoria conxunta desde 2005. As súas creacións, son o resultado dun traballo en continuidade e en evolución permanente, levando á escena propostas que mixturan linguaxes.
Con máis de vinte montaxes na súa traxectoria artística, as súas creacións presentouse en espazos e festivais de España, México, Chile, Arxentina, Uruguai, Portugal.
Próximos eventos:
[add_eventon_el event_location=”4805″ number_of_months=”12″ sep_month=”yes” ux_val=”4″ hide_mult_occur=”no” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ hide_so=”yes”]