Outro Conto é o proxecto de Alba Cobo e Isaac Pujales, un servizo de menús saudables a domicilio no que priman o autoamor e a divulgación dunha alimentación intuitiva e non restrictiva, a loita contra a cultura de dieta e a gordofobia.
Alba é unha auténtica activista polo autocoidado a través das súas redes e edita (e vende) o seu propio fanzine con información sobre alimentación consciente, mentres que Isaac dirixe os fogóns.
Todos os seus pratos son vexetarianos, con opción vegana e sen glute. Ademáis, se seguimos unha dieta específica podemos contactalos e adapatarán os pratos ás nosas necesidades, xunto á dietista e nutricionista Marta Losada. Como exemplo dalgunhas das súas propostas podemos atopar a torta salgada de feta e verduras asadas, as setas shiitake á feira ou os cabaciños recheos de heura ao curry.
Para coñecer as diferentes opcións e tarifas para os seus menús semanais podemos entrar na súa web e redes sociais e encargalos ata o xoves da semana anterior: podes elixir, ademais, se queres recibilos a domicilio ou pasar a recollelos no local que comparten coa cooperativa A Morada, no que organizan de cotío xornadas de ocio e aprendizaxe.