Un clásico da noite viguesa no centro da cidade desde 1985.
Un ambiente alternativo, relaxado e bohemio cunha decoración tan ecléctica e vintage como a música que soa.
Unha ampla carta de copas e cervexas artesás galegas ou de importación.
Cunha emblemática escaleira de caracol para te levar a un dos máis románticos agochos na cidade olívica.
Sen esquecermos do encanto dunha terraza sita nunha das rúas con máis pendente de Vigo.
Ideal para tomar unha copa memorablemente auténtica en boa compaña.
Todos os mércores podes participar na sesión de micros abertos sobre o escenario máis pequeno do mundo ou, se o prefires, escoitar aos artistas que por alí pasen, iso si, sen poder velos. Característica que imprime aínda máis encanto a este peculiar local.
Horario:
Domingo e luns: pechado.
De martes a xoves: 20.00-01.00
Venres e sábado: 20.00-03.00
Se chove abren ás 19.00
Próximos eventos:
[add_eventon_el event_location=”8783″ number_of_months=”12″ sep_month=”no” ux_val=”3″ hide_mult_occur=”yes” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ hide_so=”yes”]