Contando cunha grande experiencia como monitora de taichí en diferentes centros, Ángeles Cristóbal decidiu abrir o seu propio local en setembro de 2022. Alén das clases, o Centro Raíces alberga outras disciplinas afíns que teñan nos exercicios de movemento consciente a característica principal. «Son disciplinas que traballan o estado interior a través do movemento exterior», explica a mestra. Así, atopamos clases regulares de taichí, Chi Kung, meditación e ioga (nas variantes Hatha e Kundalini) e consultas baixo cita previa de reflexoloxía, masaxe Shiatsu ou terapia craniosacral biodinámica. Todo o equipo que forma Raíces está formado por mulleres. Outro dos puntos destacables é a posibilidade de alugar este espazo para realizar charlas, obradoiros ou terapias. Situadas na zona de Bouzas, as instalacións apóianse nos principios do Feng Shui, que se serven de mobiliario mobiliario sinxelo e desprazable, chan de madeira e aproveitan a luz natural que entra polas fiestras desde a primeira hora da mañá.