A tapa do barril é un local de comida tradicional, famoso na cidade polas súas empanadillas, con moitos tipos de recheos e sempre quentiñas, acabadas de facer. Esta tapería abriu as súas portas en 1972 e hoxe en día conta con dous establecemento: Rúa López Mora, 63 e Praza Porta do Sol, 4.
A súa carta está dispoñible na web https://www.atapadobarril.es/ e nas redes sociais. Cada luns suben as opcións para o menú do día, dispoñible de luns a venres a mediodía. Para reservalo hai que chamar ao teléfono 986 29 89 83.
Podedes coñecer máis sobre xenuíno negocio nesta reportaxe.