‘El Quijote’ única actuación da Compañía Nacional de Danza en Galicia
Compañía Nacional de Danza presenta esta noite en Vigo o espectáculo ‘Don Quijote’ na que será a súa única actuación en Galicia despois de moitos anos de ausencia. A obra ‘Don Quijote’ poetiza a figura do Fidalgo na súa procura do amor perfecto encarnado, na súa fantasía, por Dulcinea. Esta versión está ambientada nun episodio do segundo volume e a acción céntrase nos tumultuosos amores entre Quiteria e Basilio.
José Carlos Martínez, director da CND, explica que a súa coreografía parte do orixinal de Pepita “para darle un matiz más poético al personaje de Don Quijote y a su búsqueda del amor perfecto encarnado en Dulcinea”.
O espectáculo é un ballet clásico dividido en tres actos. O seu éxito, desde a súa estrea no Teatro de la Opereta de Madrid o 16 de decembro de 2015 foi enorme, obtendo unha acalorada acollida por parte do público e con unha repercusión mediática sen precedentes.