UVIGO
FILLOAS

Presencia viguesa nos Premios Mestre Mateo

Ata cinco nomes locais, algúns deles moi coñecidos, competirán este sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera de Coruña para facerse co seu respectivo galardón. Os Premios Mestre Mateo premian ao mellor do audiovisual galego do pasado ano 2018.

A actriz María Vázquez nun fotograma de ‘Trote’

Cinco son os nominados e nominadas locais para os Premios Mestre Mateo deste ano, cuxa gala terá lugar o sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña. Lucía Muradas Arcay por Sorrisos transformadores, María Vázquez e Álvaro Gago por Trote, Antonio Durán ‘Morris’ por Os Mariachi e Isaac Garabatos por Versogramas.

Sorrisos transformadores é unha webserie da produtora viguesa Islandia que trata o tema da transexualidade, co obxectivo de visibilizar a este colectivo que en moitas ocasións sofre acoso e rexeitamento por parte da sociedade. Lucía Muradas Arcay foi  encargada de levar adiante este proxecto, que está baseado na exposición fotográfica homónima que percorreu diferentes puntos da provincia de Pontevedra.

A recoñecida actriz viguesa María Vázquez está nominada a Mellor interpretación feminina protagonista por Trote, a primeira longametraxe de Xacio Baño. Filme que, xunto con A sombra da lei, é ao que máis galardóns aspira, cun total de 15 nominacións. Vázquez interpreta de maneira soberbia a Carme, unha muller de mediana idade atrapada no rural. Por este mesmo filme está nominado no apartado de montaxe Álvaro Gago, o noso cineasta máis internacional, que ademais de director tamén desenvólvese á perfección nas tareas de edición.

Na categoría de Mellor interpretación masculina protagonista está o actor vigués, e case que galego, por antonomasia: Antonio Durán ‘Morris’. A obra pola que aspira ao galardón é Os Mariachi, unha serie que retrata en clave de humor a rivalidade entre dúas familias que, aparentemente, non teñen nada en común. Nela comparte elenco co carismático actor local Manuel Manquiña.

CAMELIAS NADAL

Por último, o compositor Isaac Garabatos está nominado á categoría de Mellor música orixinal pola banda sonora de Versogramas, o primeiro documental sobre o fenómeno internacional da videopoesía. E non só un documental, senón que é un proxecto transmedia sobre esta temática. Versogramas, dirixida por Juan Lesta e Belén Montero, é unha aproximación creativa á videopoesía, aos seus autores e autoras principais, e á experiencia estética que mobiliza