‘Por favor, ténteo novamente máis tarde’, AveLina Pérez

AveLina Pérez, unha das figuras máis interesantes da escena contemporánea do país, regresa ao Teatro Ensalle cunha nova proposta: Por favor, ténteo de novo máis tarde; un intento, en palabras da autora, «de supervivencia, de querer fuxir do ruído, de compartir espazo sen ollarnos mentres morremos por facelo, de buscarme e de buscarte». A creadora asina unha dramaturxia arredor do pensamento individual, anulando a posibilidade de comunicación, aínda que, de xeito paradoxal, o espectáculo propicie o encontro entre a platea e a escena. Precisamente, sobre as táboas do Ensalle, temos agora a oportunidade de á propia autora e directora da peza, xunto co intérprete Daniel Casquero. Por favor, ténteo de novo máis tarde conta coa iluminación de Pedro Fresneda, a composición musical de Ramón Raíndo e a montaxe de vídeo de Jesús Tejada. Unha proposta, con toda probabilidade, aceda, irónica, chea de denuncia e imaxes coidadas e potentes, tal e como acostuma a desenvolver, tanto na escrita como nas montaxes ao vivo, esta autora galardoada co Premio Abrente da MiT Ribadavia e co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. «Que tal se nos miramos aos ollos?», propón. Fagámolo. Mirémola. Mirémonos.
#culturasegura #nonoscanceles
Venres 11, sábado 12 e domingo 13
20.00 h
Reserva de billetes en teatroensalle.com
Fotos: Manuel Forcadela
Ernesto Is
Escritor
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Volátil’, Constance Hurlé e Paulo Maestro na Sala Kominsky - 22 Xullo, 2022
- ‘A que non podes dicir Coca-Cola? (II)’, de AveLina Pérez - 2 Xuño, 2022
- ‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro - 31 Marzo, 2022
- ‘MEMO’, de Teatro Ensalle - 23 Marzo, 2022
- ‘Ragazzo’, de Barrosanta - 8 Febreiro, 2022