REVISTA ABRIL

Percorremos a iluminación natalicia desde o NadalBus

Montámonos nunha das principais atraccións deste Nadal, o autobús turístico que nos leva a dar unha volta polo alumeado natalicio. Un paseo relaxado desde o centro ata Praza América no que gozar desde unha perspectiva diferente as luces da cidade.

Aproveitando que a chuvia daba un respiro este martes, subímonos ao NadalBus para apreciar dunha forma distinta todo o alumeado natalicio. Xa que o ceo non ameazaba auga, propuxéronnos abrir o teito retractil transparente, feito celebrado por todos os alí presentes.

A ruta partiu de Policarpo Sanz, fronte ao Teatro Afundación e a Casa das Artes, onde se atopa o Belén Monumental. O primeiro lugar de interese foi o coñecido como cruce dos catro bancos, onde vimos moi de cerca esa carpa luminosa que cobre toda a intersección e, máis ao lonxe, a xigantesca noria. Subimos todo Urzáiz, pasando diante da “Estrela da Morte”, e xiramos rumbo Gran Vía.

Alí non pasaron desapercibidos nin o agasallo xigante do inicio da rúa nin a iluminación de El Corte Inglés. Ao pasar Praza España a fluidez do tráfico mellorou, mais o espectáculo lumínico decreceu. Polo menos ata chegar a Praza América, engalanada de leds no sou primeiro nadal como praza peonil. A volta ao centro urbano foi pola Avenida das Camelias, cruzando Venezuela e baixando novamente por Gran Vía e Urzáiz.

Este servizo deu comezo o domingo 24 de novembro ás 18.30 horas e realiza viaxes todos os días ás 18.30, 18.50, 19.30, 19.50, 20.30 e 20.50 horas e durante as fins de semanas estas viaxes prolónganse con saídas ás 21.30 e as 22.30 horas. Sendo o 11 de xaneiro o último día do servizo.

Como novidade deste ano e para evitar colas, os interesados en viaxar no NadalBus poden facer a reserva a través da páxina web de Vitrasa dunha forma moi sinxela: indicando día, hora e ruta. Pode pagarse coa tarxeta PassVigo, introducindo o número de tarxeta na aplicación online, cos descontos respectivos de cada usuario.

Para aqueles que non dispoñan da PassVigo, os domingos, luns, martes, mércores, xoves e festivos o custe da viaxe é de 5 euros e os venres, sábados e vésperas de festivos, é de 7 euros. Os nenos ata os 3 anos incluídos viaxan de balde.

AS RUTAS

Duración: entre 40 minutos e 1 hora de duración aproximadamente.
Lugar: comezan e finalizan en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes)

RUTA CENTRO
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América (Vuelta a la Plaza) – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BALAÍDOS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Florida – Manuel Castro – Estadio Balaídos – Avd. Balaídos – Avd. Castrelos – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

REVISTA ABRIL

RUTA CALVARIO
Policarpo Sanz – Urzáiz – Gran Vía – Plaza España – Pizarro – Urzáiz – Gregorio Espino – Jenaro de la Fuente – Rotonda Calle Aragón – Jenaro de la Fuente – Llorones – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TEIS – CALVARIO
Policarpo Sanz – García Barbón – SanJurjo Badía – Travesía de Vigo – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BOUZAS
Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Avd. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga – Tomás Alonso – Paulino Freire – Bouzas – Beiramar – Coruña – Plaza Eugenio Fadrique – Torrecedeira – R. Gaiteiro – Berbés – Cánovas del Castillo – García Olloqui – Reconquista – Policarpo Sanz

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.