KIKIMORENTE

Patrimonio galego en perigo: o Hidria Segundo necesita a nosa axuda

O Hidria Segundo, último barco a vapor do país, lanza un crowdfunding para seguir a súa traxectoria como museo flotante. O buque, construído entre o 1963 e o1966, acaba de ser trasladado ao estaleiro de Cardama para ser reparado.

O Hidria Segundo no seu camiño ao estalerio de Cardama | Eva Lago

A Fundación Traslatio fai un chamamento á cidadanía de Vigo para que o Hidria Segundo, o último barco a vapor de España, poida seguir a súa singradura. Trátase dun antigo buque alxibe que transportaba auga aos barcos que chegaban ao porto de Vigo cando non había instalacións nos peiraos. A pesar de que se empregou durante varios anos, estivo a piques de ter un tráxico fin nun accidente en Punta Lagoa. Esta traxedia puido evitarse grazas a que os seus armadores, Jacobo Costas e Sesé Otero, lograron rescatalo e convertelo no que actualmente se coñece como un buque museo que pon en valor o patrimonio marítimo galego, así como a historia e cultura do barco, do porto e de Galicia.

Detalle do barco | Eva Lago

Salvo a parte da antiga cántara, lugar onde se transportaba a agua que agora serve de sala multiusos, o barco mantense no seu estado orixinal. De feito, a actual máquina de triple expansión perteneceu ao seu antecesor, o Hidra I, o cal data entre 1905 e 1910. As súas primeiras restauracións tiveron lugar nunha dársena de Porto Meloxo (O Grove) porque o baixo orzamento dispoñíble facía inviable trasladalo a un estaleiro. De feito, os antigos donos tiveron que recurrir a patrocinadores e a “amigos do Hidra” para poder levar a cabo o mantenemento necesario.

O mércores 12 de marzo, o buque foi trasladado ao estaleiro de Cardama onde espera as reparacións necesarias para ter unha segunda vida; para iso a Fundación Traslatio lanza unha campaña de crowdfunding. O primeiro paso e conseguir que o barco volva navegar para así poder facer saídas pola ría tanto con escolares coma con público xeral. Non só como barco-museo, senón como un barco representativo da cidade, posto que foi aquí onde naceu e, afirman, é aquí onde debería ficar.

O buque chegando a Cardama | Eva Lago

Redacción: Tania Soneira
Fotos: Eva Lago