CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Patouro

Seguro que cando en 2014 apostou por facer daquel recuncho da praza de M. Diego Santos un lugar onde a carta física non existía, moita xente pensou que Beni Couso tivera unha idea innovadora de máis para Bouzas. A fidelidade da clientela, que na primeira hora se mestura con turistas de costumes máis temperáns, cuestiona se a estabilidade non estará sobrevalorada no mundo da cociña.

En Patouro, os únicos seguros son a calidade e o produto de temporada. Os luns e os martes, días descanso, o patrón deste barco percorre lonxas e visita os mellores provedores de carne para organizar as opcións da semana. Os ingredientes estelares son o peixe e o marisco, que atopamos preparados seguindo as técnicas de sempre, esas que nunca fallan.

Entre os pratos máis afamados temos os escabeches ou os mariñados, que se atopan a miúdo coas empanadas de millo ou coas croquetas da casa ata formar un menú co que resulta difícil non facer unha boa maridaxe. Preguntámoslle a Beni se despois de dez anos non estará tentado a medrar, cambiar a un local máis grande onde acoller a máis comensais ou ampliar horarios (a día de hoxe ofrécese o servizo os mércores pola noite, xantares e ceas de xoves a sábado e os mediodías dos domingos). A resposta é clara: hai ideas e proxectos, pero non hai présa.

benyunan@hotmail.com | 886 11 30 42 | @patouro

Noelia Álvarez
Redactora

SONRIAS

Lara Alonso
Fotógrafa