CAMELIAS MASCOTAS

Os roteiros de Vigo Pesqueiro convídannos a coñecer o legado do mar

O mar xogou un papel fundamental na configuración da nosa cidade. Os roteiros organizados por Vigo Pesqueiro lévanos por diferentes puntos que deixan de relevo a importancia do mar e do sector pesqueiro.

Como se converteu Vigo nun dos principais portos pesqueiros do mundo? Quen instaurou aquí a industria conserveira? Por que é tan importante a nosa frota de cargueiros conxeladores?  Estas son algunhas das preguntas que obteñen resposta nos roteiros organizados por Vigo Pesqueiro. Un proxecto desenrolado por Fundamar que pretende conectarnos coa historia (e actualidade) marítima da nosa cidade, que en moitas ocasións descoñecemos. Fundamar, Fundación para a pesca e o marisqueo, é a primeira organización dentro do sector marítimo-pesqueiro que conta con representación paritaria de empresarios e sindicatos. O proxecto Vigo Pesqueiro naceu no 2016 para amosar a importancia económica do sector pesqueiro en Vigo, pero sobre todo para transmitir todas esas historias vencelladas a unha tradición que se remonta a séculos de historia.

REVISTA NOVEMBRO

Trátanse duns percorridos de hora e media de duración que recorren diferentes zonas da cidade como o Porto, o Casco Vello, O Castro, A Guía amosando sempre a relación destes lugares co mar e o desenvolvemento económico desenvolto a partir de actividades ligadas ao mar.

Durante este mes de xullo están a realizar un total de seis percorridos diferentes, dos que aínda quedan por celebrar os seguintes:

– VENRES 24/07 ÁS 19:00: PERCORRE: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA.  Este percorre terá o punto de encontro en Porto Cultura, antiga nave de redeiros, e onde nos agardan as aventuras dun intrépido navegante galego “Gonzalo de Vigo” que xunto con outros mariños embarcouse con Magallanes ata as Molucas. Moi preto del, agárdannos as historias do Cable Inglés e o cable Alemán, de cando as noticias do mundo pasaban Vía Vigo. O Porto foi importante para a pesca, e non só, posto que Vigo foi tamén un importante porto de emigración a finais do XIX e do séc XX. Polo Paseo Marítimo irémosnos encontrando con esculturas como o Bañista e o Nadador, de Francisco Leiro, ou como Jules Verne que nos falará dos misterios que a nosa ría agocha. Remataremos na Praza da Estrela, onde se atopa a sede da Autoridade Portuaria.

– VENRES 31 ÁS 19:00: PERCORRE: ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE. O Punto de encontro será a Fortaleza do Castro, aproveitando os excelentes miradoiros 360 graos da cidade, poderemos admirar a grandiosidade do noso porto prácticamente na súa totalidade (terminal ro-ro Bouzas, porto pesqueiro do Berbés, Peirao de Trasatlánticos, Peirao do Areal e de Guixar). Dende alí, poderemos admirar tamén a ubicación de moitos dos castros que se atopan nos montes, no cinturón verde que nos rodea, e entenderemos que a actividade da pesca dos nosos antergos era xa de gran importancia no mundo pre-romano. No Monte do Castro atoparemos o Monumento aos Galeóns de Rande, áncoras e cañóns rescatados desta Batalla naval de 1702. Continuaremos ata Paseo Alfonso onde nos agradan a poesía do Mar, desde os trovadores da ría ao poeta das vangardas Martín Códax. E onde nos agarda tamén a fantástica panorámica pesqueira do Berbés.

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.