VIALIA
bannerPicnicSesions

Os restaurantes vigueses gañadores do Mercado de Sabores representarán a Galicia no Madrid Fusión

O restaurante María Manuela álzase co premio á mellor tapa do Mercado de Sabores de Mahou. O Albatros e La Carpintería, quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. O galardón ao mellor tirador de cervexa foi para La Pintxoteca. Os primeiros clasificados representarán a Galicia no Madrid Fusión.

O Mercado de Sabores de Mahou, que dende o pasado xoves estivo na Estación Marítima, culminou coa entrega de galardóns. O xurado, do que formaba parte a televisiva chef Samantha Vallejo Nágera, probou os 14 petiscos participantes e decidiu que o primeiro premio recaese no Restaurante María Manuela e a súa tapa ‘Vacataki’. O segundo premio sería para o Restaurante Albatros e a tapa ‘Vaca-lao’ e a terceira posición foi para o Restaurante La Carpintería que presentou a tapa ‘Broockling de Mahou negra y foie’. Por outra banda, La Pintxoteca alzouse co premio ao mellor tirador de cervexa. Desta maneira, o Restaurante María Manuela e a Pintxoteca serán os encargados de representar a Galicia na vindeira edición do Madrid Fusión.

Mellor tirador de cervexa: La Pintxoteca

Concurso de tapas. Primeiro premio: María Manuela (Vigo), coa tapa ‘Vacataki’

A tapa simula un óso dunha vaca cortado en sección. O óso faise con pan semi picante, o tuétano é unha crema de queixo do Cebreiro e patata, leva unha gota de mango, un fondo escuro de guiso de vaca, verduriñas pochadas e coroando solomillo de vaca marinado durante 48 horas.

Concurso de tapas. Segundo premio: Albatros (Vigo), coa tapa ‘Vaca-lao’

REVISTA ABRIL

Pel de bacallau secada e fritida para que quede cruxiente. Ao elaborar a brandada de bacallau substitúese parte do aceite oliva por graxa de terneira para que quede máis untuosa a brandada. Pola parte de abaixo leva confitura de pemento vermello asado e para rematar por enriba leva caviar de pemento vermello e coroando uns brotes, wasabi, mostaza e rabanito. Unha mestura de brotes cun toque picante, xa que a brandada foi cociñada sen guindilla.

Concurso de tapas. Terceiro premio: La Carpintería (Vigo), coa tapa ‘Broockling de Mahou negra y foie’

Brownie de cervexa negra de Mahou sobre un caramelo de regaliz acompañado de mousse de foie e unha ramiña de eneldo. Pode interpretarse como un entrante doce ou un sobremesa salgado.