REVISTA ABRIL

Os Cines Yelmo propoñen un ciclo de cine infantil para este Nadal

Os Cines Yelmo do Centro Comercial Travesía lanzan unha iniciativa moi interesante tanto para maiores como para pequenos: un ciclo de cine infantil-xuvenil desde o 5 de decembro ao 10 de xaneiro. Todas as proxeccións serán ás 16:15 e terán un prezo de 3,90€.

As salas de cine non están a pasar polo seu mellor momento. Algunha, como os Multicines Norte, levan pechadas desde o inicio da pandemia. As que seguen abertas tampouco están gozando dunha grande afluencia de público por diferentes motivos: aforos reducidos, temor ao virus ou unha carteleira menos atractiva que outros anos debido ao parazamentos de moitas estreas.

Os Cines Yelmo buscan rachar con esta tendencia con un máis que interesante ciclo de cinema infantil-xuvenil, que durará desde o 5 de decembro ao 10 de xaneiro e contará con filmes de sobra coñecidos por todos. A pesar de ser unha selección especialmente dirixida para os máis novos, con títulos moi actuais, moitos dos filmes son totalmente desfrutables polas persoas adultas.

REVISTA ABRIL

A listaxe de filmes é a seguinte: El Rey León, Capitana Marvel, Frozen II, Aladdin, Súper López, Cars 3, La Bella y la Bestia, Guardianes de la Galaxia Vol.2, Toy Story 4, Los Increíbles 2, Onward e Maléfica. Como vemos, hai varios remakes en imaxe real de clásicos de Disney e filmes que forman parte de sagas tan míticas como Toy Story ou Cars.

A continuación o calendario (todas son ás 16:15, a 3.90€ a sesión):

Sábado 5 de decembro: El Rey León
Domingo 6 de decembro: Capitana Marvel
Luns 7 de decembro: Frozen 2
Martes 8 de decembro: Aladdín
Sábado 12 de decembro: Súper López
Domingo 13 de decembro: Cars 3
Sábado 19 de decembro: La Bella y la Bestia
Domingo 20 de decembro: Guardianes de la Galaxia 2
Luns 21 de decembro: Toy Story 4
Martes 22 de decembro: El Rey León
Mércores 23 de decembro: Súper López
Xoves 24 de decembro: Cars 3
Venres 25 de decembro: Los Increíbles 2
Sábado 26 de decembro: Frozen 2
Domingo 27 de decembro: Aladdín
Luns 28 de decembro: El Rey León
Martes 29 de decembro: Capitana Marvel
Mércores 30 de decembro: Toy Story 4
Xoves 31 de decembro: Guardianes de la Galaxia 2
Venres 1 de xaneiro: La Bella y la Bestia
Sábado 2 de xaneiro: Onward
Domingo 3 de xaneiro: Maléfica 2
Luns 4 de xaneiro: La Bella y la Bestia
Martes 5 de xaneiro: Frozen 2
Mércores 6 de xaneiro: Maléfica 2
Xoves 7 de xaneiro: Onward
Venres 8 de xaneiro: Aladdín
Sábado 9 de xaneiro: Toy Story 4
Domingo 10 de xaneiro: Los Increíbles 2