UVIGO
FILLOAS

Hematofesti: Queremos literatura infantil

09nov10:0019:00Hematofesti: Queremos literatura infantilFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 19:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria e vehículo de aprendizaxe. O evento, que se celebrará do 6 ao 10 de novembro, aposta polo ambiente familiar e a boa onda que caracterizaba ao Hematocrítico nas redes sociais. 

As entradas para asistir ás dúas galas que programa o evento están á venda nesta ligazón.

Preme aquí para consultar toda a programación

No marco do festival o sábado celébrase na Sede da Deputación en Vigo unhas xornadas sobre literatura infantil nas que participarán destacadas persoas do sector en Galicia e en España:

10:30 Mesa: a experiencia de editar libros infantís

Marcos Calveiro (Editorial Galaxia), Jesús Félix Sacristán (Nórdica Libros) e Arantxa Amatriain (Editorial Elvira). Un editor e unha editora galegxs e un editor do sistema literario en castelán narrarán como é o oficio de editar libros infantís.

11:00 Galicia, potencia LIX

Antonio M. Fraga, Eva Mejuto e María Solar: tres das autoras mais relevantes do panorama literario galego dialogan sobre o oficio de escribir libros infantís: as súas obras, os premios, o humor… Tres carreiras literarias entregadas á literatura infantil

12:15 Libros e risas: escribir e editar literatura para crianzas

Con Diego Arboleda e Sara Cano: o Premio Nacional de Literatura Infantil Diego Arboleda (autor de obras tan emblemáticas coma Prohibido leer a Lewis Carroll ou Lupas y Nanai), en conversa con Sara Cano (autora e editora de libros infantís, escribiu, entre outras, a mítica serie La Guerra de Sexto A)

13:00 Caramomia ou como escribir un libro a oito mans

Con María Lado, Daniel Landesa e Martín Romero. Caramomia é unha obra escrita durante o confinamento por Hematocrítico, Daniel Landesa, María Lado e Ledicia Costas, e ilustrada por Martín Romero. Os autores conversarán sobre a experiencia de escribir esta novela infantil e conseguir conservar a amizade a día de hoxe

17:00 Somos Bookstagrammers: divulgar literatura infantil

Os catro son usuarios de Instagram, amantes da literatura infantil e fan un extraordinario labor de divulgación.
@yalavueltalaluna @libros_e_libros @thebokishblanket e @lectureo contarán como é a vida dunha bookstagrammer.

17:30 Últimas novidades do Hematocrítico

A produción editorial de Hematocrítico foi desbordante. Cando nos deixou, algunhas novidades apenas empezaban a camiñar polas sendas das librerías e os lectores. O seus compañeiros, amigos e editores Diego Arboleda, Mar Villar, Alberto Vázquez, Víctor Mascato, Anaír Rodríguez e Jesús Félix Sacristán falarannos deses títulos fabulosos que a el non lle deu tempo a promocionar.

18:00 Benvida a Galicia, Anna Kadabra!

Un dos maiores éxitos de vendas e público na historia da LIX, chega a Galicia. A famosísima Anna Kadabra xa fala galego! O seu autor, Pedro Mañas, fálanos de todo isto nun encontro onde recibimos cos brazos abertos a esta querida obra.

19:00 Premio de honra “Lenda do recreo” para Manuel Bragado

Manuel Bragado, editor e mestre, entregou a súa vida á edición de libros. Un editor honesto, impecable e coidadoso que sempre soubo cal era a súa misión: acompañar as autoras e autores. Un home a quen queremos render homenaxe desde o HematoFesti polo seu labor a prol da literatura infantil e pola súa tremenda xenerosidade. Coa intervención da escritora Iria Misa, que lerá a laudatio, e do poeta Lois Pérez. Despois, o grupo infantil As Tareixas presentará algunhas das súas cancións.

19:00 Entrega do 1º premio para Álbum Ilustrado de Humor “Humor con H”

Farase entrega do 1º Premio de álbum ilustrado Humor con H á persoa gañadora.

Máis

Hora

9 novembro, 2024 10:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events