ASNEVES
REVISTA MAIO

Os 15 plans máis destacados desta Feira do Libro

Aínda que é imposible resumir os 10 días da Feira do Libro nun só artigo, tamén é moi doado perderse entre tanta actividade diaria. Por iso, tentaremos axudarvos cunha serie de eventos destacados que terán lugar nas casetas de Príncipe entre o xoves 27 de xuño e o sábado 6 de xullo. Lembramos que este ano a Feira desprazouse ata a Farola e a zona frente ao Museo MARCO. Para coñecer o resto da programación, consular os eventos diarios que hai ao final do artigo. Ademais, se queres conseguir de balde algún dos 10 libros de Xerais que sorteamos durante estes 10 días, pincha nesta ligazón para descubrir como facelo!

Unha muller consulta un libro infantil na Feira do Libro, este xoves | Pablo V.

ACTIVIDADES INFANTÍS. Durante toda a feira.

Ademais dos numerosos libros infantís que haberá nos estantes das casetas, desde a Feira organizan unha serie de actividades dirixidas ás crianzas, como pode ser o caso da contacontos en lingua de signos e os concertos-presentación de Canta miña pedra canta o venres 28, de A nena e o grilo o martes 2 e de Cantamos o venres 5, ademais do espectáculo Brinca vai! De aquí para acolá o sábado 6. Ao final de artigo, máis info sobre cada evento.

EXPOSICIÓN AS NOSAS LETRAS DE MULLER A MULLER. Durante toda a feira.

A mostra toma como punto de partida As nosas letras de Muller a Muller, o primeiro libro de ilustracións de Mareiras, nome ártistico tras o que está María Eiras. O propio volume será presentado pola autora o 4 de xullo ás 18 horas, tamén no espazo común da Feira, nun evento no que a acompañará a escritora Lorena Amkie. O libro enténdese como un percorrido en imaxes polos 59 homenaxeados, 55 homes e 4 mulleres, nas 57 edicións celebradas do Día das Letras Galegas entre 1963 e 2019. Estas 4 mulleres son as protagonistas do volume.

CANTOS DE TRABALLO DAS MULLERES DO MAR. Sábado 29 ás 13:00.

Ás 13:00 terá lugar o espectáculo musical Cantos de traballo das mulleres do mar, a banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dun xeito singular con ton epopeico.

SEMENTES VIAXEIRAS, DE YOLANDA CASTAÑO E XOSÉ TOMÁS. Sábado 29 ás 17:30.

Presentación de Sementes viaxeiras, da recoñecida poetisa e xornalista Yolanda Castaño e do ilustrador Xosé Tomás.

FESTIVAL DE BANDAS ESCOLA. Sábado 29 e domingo 30 ás 19:30.

Unha das novidades deste ano é a actuación das bandas escola dos diferentes barrios vigueses os días 29 e 30, a modo de peche das actividades de cada xornada. O festival está impulsado pola Federación de Bandas de Música Populares de Vigo.

RECITAL POÉTICO DO GRUPO HABERLOS, HAYLOS. Luns 1 ás 17:00.

A Asociación de Escritores de Vigo Haberlos, haylos nace da fusión das ilusións dun grupo de persoas apaixonadas pola arte de escribir, por incentivar a difusión cultural e artística de Vigo e a súa comarca.

O ÚLTIMO BARCO, DE DOMIGNO VILLAR. Luns 1 ás 19:45.

Un dos autores estrela desta Feira será o vigués Domingo Villar, que estará presentando e asinando O último barco, unha nova entrega do carismático inspector Leo Caldas, despois dos exitososOllos de auga e A praia dos afogados, traducidos a máis de 15 idiomas.

ROTEIROS CON PEDRO FEIJÓO POLO CASCO VELLO. Martes 2, mércores 3 e xoves 4 ás 18:30.

Unha das actividades máis demandadas vai ser este triple roteiro que Pedro Feijóo fará polos lugares recollidos no seu libro Camiñar o Vigo vello. Para inscribirse é necesario ter mercado previamente un libro nalgunha das casetas da feira. As prazas serán de 25 por andaina.

MESA REDONDA VIGO, CIDADE DE NOVELA. Martes 2 ás 20:00.

Tres dos autores máis recoñecidos da literatura local, Pedro Feijóo, Manuel Esteban e Ledicia Costas, conversarán en torno á importancia de Vigo como personaxe, e incluso protagonista, dalgunhas das súas novelas. Modera Fran Alonso, director de Edicións Xerais.

O BICHEIRO, DE LUÍS DÁVILA. Mércores 3 ás 18:30.

O famoso debuxante de tiras cómicas do Faro de Vigo, Luís Davila, estará asinando exemplares do seu libro O Bicheiro na caseta de Librouro, no que recolle diferentes viñetas baixo o seu simpático e inimitable trazo.

CONTRA TODO ISTO: VIVIR SEN PERMISO, POR MANUEL RIVAS. Mércores 3 ás 19:00.

O escritor Manuel Rivas realizará unha charla en torno á súa obra Vivir sen permiso, que inclúe o relato que inspirou a serie de TV homónima. Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. 

SINATURA LEDICIA COSTAS. Xoves 4 ás 18:30.

A escritora Ledicia Costas, galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil  no 2015, asinará todas as súas obras na caseta da Secretaría, entre elas o seu último traballo, Infamia. Trátase dun thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.

PRESENTACIÓN DE VERSOS E VICEVERSOS, DE ANTONIO G. TEIJEIRO E JUAN CARLOS MARTÍN. Venres 5 ás 20:00.

Presentación de Versos e viceversos, un poemario do Premio Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio García Teijeiro e o poeta andaluz Juan Carlos Martín Ramos, ilustrado por Juan Ramón Alonso. Versos que saben, cheiran e soan a mar, para contemplalo e soñalo: vento, ondas, caracolas, horizontes afastados, noites e lúas. No acto tamén participará An Alfaya. García Teijeiro tamén asinará exemplares do seu libro Pasando as follas do tempo o xoves 4 ás 20:00 na caseta de Librouro.

SINATURA DE SÁNDALO, DE MARÍA XOSÉ PORTEIRO. Venres 5 ás 20:00.

A xornalista, política e escritora María Xosé Porteiro asinará exemplares do seu último libro, Scándalo, no que recolle diversas historias sobre a migración entre Galicia e Cuba nos últimos dous séculos.

FALANDO DE LIBROS CON ELBA PEDROSA E SELINA OTERO. Sábado 6 ás 13:00.

Novo espazo para o debate e o coloquio ao redor da literatura, neste caso conElba Pedrosa, autora de Despertando la creatividad, e Selina Otero, autora de Unha educación de premio. Modera Malores Villanueva. Ao rematarán asinarán exemplares dos seus respectivos libros.

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

ACTIVIDADES INFANTÍS

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe